Casa de la Vall

Coordenadas: 42°30′24″N 1°31′14″L / 42.50667, -1.52056

Casa de la Vall

A Casa de la Vall é un edificio centenario da cidade de Andorra la Vella, sede do parlamento do país, o Consell General, dende a súa constitución e sede do antigo Consell de la Terra. Dende 2011 só é a sede das sesións tradicionais do parlamento, como a constitutiva ou a de Sant Tomàs, mentres que o resto de sesións teñen lugar no novo edificio parlamentario.[1]

Está declarado ben de interese cultural.[2]

Historia e característicasEditar

O edificio construíuse en 1580[3] como casa señorial e torre de defensa da familia Busquets. En 1702 foi comprada polo entón Consell de la Terra, baixo o mandato do Síndic General Joan Antoni Torres. A partir de 1866, o Consell de la Terra converteuse en Consell General.

 
Escudo dos Busquets

Na porta principal atópase o escudo da familia Busquets (unha árbore) e o escudo de Andorra. A planta do edificio é rectangular e conta con dous andares. Un antigo pombal con forma de torre destaca nunha esquina. No xardín situado na parte frontal hai unha escultura conmemorativa do primeiro centenario da Nova Reforma que representa o tradicional baile da morisca e é obra de Josep Viladomat (1967).

No andar infeiror atópase a administración de xustiza co Tribunal de Cortes. Na primeira planta, a planta nobre da casa familiar, atópase a Sala do Consell, unha capela dedicada a Sant Ermengol e o Armario das Sete Chaves onde se conservan os documentos históricos de Andorra pechados cunha chave por cada unha das parroquias. Conserva tamén a antiga cociña, á que se accede dende a Sala dels Passos Perduts onde se celebran actos protocolarios. No segundo piso, chamado Cap de casa, hai unha sala polivalente, utilizada por exemplo para albergar exposicións.

Durante o 2015, a Casa de la Vall foi, xunto co Museo do Tabaco e o Centro de Arte de Escaldes-Engordany, un dos lugares máis visitados.

NotasEditar

  1. Andreu, Iago (11 de marzo de 2011). El síndic obre el nou Consell 15 anys després d'iniciar el procés. El Periòdic d'Andorra. 
  2. Govern d'Andorra (ed.). "Casa de la Vall". Patrimoni Cultural d'Andorra. Consultado o 15 de agosto de 2017. 
  3. Casa de la Vall: de casa pairal a seu del Consell General. Govern d'Andorra. febreiro de 1997. p. 17. ISBN 99920-0-141-0. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar