Casa de Tolos
Casa de Tolos é un estudio de gravación musical situado no lugar da Goldra, na parroquia de Mañufe (Gondomar), dirixido por Segundo Grandío, ex-baixista do grupo vigués Siniestro Total.
Casa de Tolos | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | estudio de gravación ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Gondomar | |||
Parroquia | Mañufe ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | casadetolos.com… ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Datos
editarCasa de Tolos creouse en 1999, e desde entón graváronse e e mesturáronse máis de 500 traballos musicais de músicos e produtores de recoñecido prestixio nacional e internacional.
Conta con ampla experiencia na realización de numerosos traballos para distintas televisións do ámbito nacional e autonómico, principalmente na gravación de son para emisión en directo e para programas musicais de televisión e streaming.
No ano 2008 adquiriu un estudio móbil de gravación de son e vídeo, que permite a realización de gravacións fóra do estudio central e a súa emisión por Internet.