Casa da Axudantía

casa de indianos en Ribadeo

A casa da Axudantía[1] é unha casa de indianos situada na rúa de San Roque nº 14 de Ribadeo, nun grupo de catro casas de indianos xunto á casa de Torres, a casa de Rodríguez Blas e a casa de Andés. Do outro lado está a capela de San Roque.

Casa da Axudantía
Casa ocupada durante moito tempo pola Axudantía de Mariña
Edificio
LocalizaciónRibadeo
Coordenadas43°32′15″N 7°02′38″O / 43.537603248163, -7.0439004904929Coordenadas: 43°32′15″N 7°02′38″O / 43.537603248163, -7.0439004904929
Construción
Construción1886
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Trátase dunha casa de orixe unifamiliar construída en 1886 promovida por Francisco López García, e é de estilo ecléctico. Ten tres plantas e baixocuberta, de 265 m² (medidas polo SIXPAC). Ten cerrazón da leira con murete e enreixado.

Ten acceso con escaleiras na planta baixa. As tres plantas teñen un aspecto moi diferente xa na fachada principal: na entrada, dúas columnas de fundición manteñen o balcón superior, con miradoiros metálicos a ambos os lados.

Durante moitos anos foi a sede da Axudantía de Mariña.

Notas editar

  1. Casa da Axudantía na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Casas de Indianos. AAVV. Xunta de Galicia, 2000