Casa A Fundación

pazo en Mañufe, Gondomar

A Casa A Fundación é unha casa señorial, probablemente do século XVII, situada no lugar da Costa (Mañufe, Gondomar). Actualmente en ruínas, asentábase sobre un pequeno outeiro sobre o río Folón (Río Pequeno na cartografía oficial) nomeado na zona como Río das Bouzas e tamén como Río da Costa. A vivenda principal tiña dúas plantas e dependencias auxiliares típicas dunha casa labrega na súa contorna: curral, corte, bodega, lagar e almacén. Para as labores de explotación contaba con muíño fariñeiro e unha levada de augas para o regadío.[1]

Casa A Fundación
Coordenadas42°05′44″N 8°46′13″O / 42.095508333333, -8.7701444444444Coordenadas: 42°05′44″N 8°46′13″O / 42.095508333333, -8.7701444444444
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O titular da casa no século XIX era o presbítero Juan Antonio Fajo Besada, quen fixo testamento incluíndo a propiedade en 1865. Tras a súa morte a casa pasou por herdanza a Matilde Fajo Domínguez. No ano 1937 o ben pasou como herdanza a Francisco Casás Fajo e dende esa data mantense dentro dos seus descendentes e herdeiros durante o século XX.[1]

Na descrición arquitectónica da casa, os irmáns Soliño Troncoso, salientan "a gran calidade dos perpiaños cos que está executada a casa", así como a boa construción dos arcos de descarga sobre linteis e ménsulas interiores.[1]

Toponimia editar

Durante os traballos de recollida de topónimos na parroquia de Mañufe, o historiador Anxo Rodríguez Lemos, constatou a presenza na memoria da veciñanza dos seguintes microtopónimos con vencello á mesma[2]:

Edificio: A Casa da Fundación

Construcións auxiliares: O Curral da Fundación, O Cuberto, A Bodega do Lagar

Enxeños de labor: A Levada da Fundación, O Muíño da Fundación, As Escaleiras do Muíño, A Tol.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Soliño Troncoso, Manuel; Mosquera Veleiro, José Luis; Soliño Troncoso, Alfonso; Soliño Troncoso, Antonio (1995). Gondomar: historia, arte y territorio (en Castelán). Vigo: Ir Indo. p. 281-285. ISBN 84-7680-225-0. OCLC 38830478. 
  2. "Toponimia de Gondomar". Concello de Gondomar. Arquivado dende o orixinal o 26/05/2020. Consultado o 14/06/2020.