Carson City, Nevada
Coordenadas: 39°9′39″N 119°45′14″O / 39.16083, -119.75389
Carson City é a capital do estado de Nevada, nos Estados Unidos de América. No censo do 2000, a poboación resultante era de 52.457. Carson City é agora unha cidade independente, non é parte de ningún condado.
Carson City, Nevada | |
---|---|
![]() | |
Museo do Estado de Nevada Antiga Casa da Moeda de Carson City | |
Localización | |
País | ![]() |
Estado | Nevada |
Xeografía | |
Altitude | 1.463 msnm |
Superficie | 435 km² |
Demografía | |
Poboación | 55.274 hab. (2010) |
Densidade | 141 hab/km² |
Outros datos | |
Código postal | 89701-89706, 89711-89714, 89721 |
Alcalde | Bob Crowell |
Páxina oficial de Carson City |
Como moitas cidades e pobos en Nevada, Carson City foi fundada nos anos do boom da procura de minas e minerais, e no caso de Carson City foi a prata. A cidade máis grande en Nevada é Las Vegas.
Xeografía Editar
Carson City está localizado nos paralelos 39º9´39" Norte e no 119º45´14" Oeste. A súa zona horaria é a Oeste.
De acordo coa Axencia Xeográfica dos Estados Unidos, Carson City ten unha área total de 403.2 km², dos cales, 371.3 km² son terra firme e 31.9 km² é auga.
Carson City atópase na parte máis oeste de Nevada, e as súas terras limitan co lago Tahoe polo oeste.
Demografía Editar
Segundo o censo de 2000 a poboación de Carson City é de 52.457 habitantes, o que representa unha densidade de 141 habitantes/km². Na cidade hai 20.171 vivendas e 13.252 familias.
A configuración racial da cidade é sinxela. O 85.30% da poboación é branca, o 1,80% son afroamericanos, 2,40% son indios nativos americanos, o 1,77% son asiáticos e o 14,23% da poboación son hispanos ou latinos.
Cultura Editar
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- [1]- Páxina web oficial do goberno da cidade.