Casa da Moeda de Carson City

antiga ceca estadounidense

Coordenadas: 39°10′03″N 119°46′02″O / 39.16750, -119.76722

A Casa da Moeda de Carson City (en ninglés: Carson City Mint) foi unha fábrica de moeda estadounidense situada en Carson City, Nevada, que se constituíu como unha das ramas da Casa da Moeda dos Estados Unidos, para a cuñaxe de moedas de prata e de ouro.[1][2]

Casa da Moeda de Carson City
US Mint

Edificio da
Casa da Moeda de Carson City

TipoEstablecemento público de carácter industrial e comercial
Fundación1838
MatrizCasa da Moeda dos Estados Unidos
Localización Carson City
Nevada
Estados Unidos de América Estados Unidos.
Persoas clave- Alfred B. Mullett (arquitecto).
- Abraham Curry (1º director).
IndustriaCuñaxe.
ProdutosMoedas e medallas.
Notas
Marca de ceca: CC.
editar datos en Wikidata ]

O Congreso dos Estados Unidos instituíu a nova ceca de Carson City en 1863, aínda que non entrou en funcionamento ata 1870. Mantivo a súa operatividade ata 1893, cun período de inactividade entre 1885 e 1889. Na ceca de Carson City cuñáronse 50 modelos diferentes de moedas de prata e 57 de ouro, todas elas coas iniciais do topónimo, CC, a modo de marca de ceca.[1][2]

O Museo do Estado de Nevada (Nevada State Museum) ocupa agora o antigo edificio da Casa de Moeda de Carson City.[3]

Historia editar

Creación e funcionamento editar

A ceca de Carson City comezou a súa existencia nun momento de auxe da prata e estaba situada a pouca distancia das minas locais dese metal. A elección do lugar non foi casual; tratábase de facilitar a cuñaxe da prata extraída da coñecida como vea de Comstock (a primeira de prata atopada no país), do mesmo xeito que ocorrera coa Casa de Moeda de San Francisco, que se establecera unha década antes para a cuñaxe do ouro extraído en plena Febre do ouro de California.[1][2][4]

 
Abraham Curry, primeiro director da Casa da Moeda de Carson City (fotografía ca. 1872).

O edificio que aloxou a ceca foi o primeiro dos deseñados polo angloestadounidense Alfred B. Mullett (1834-1890) como arquitecto xefe da axencia do Departamento do Tesouro encargada da construción de edificios gobernamentais.[3] De feito, a Mullet débeselle tamén o deseño da Casa da Moeda de San Francisco. A supervisión das obras correu a cargo de Abraham Curry (1815-1873), coñecido como o "Pai de Carson City", que logo foi nomeado director da Casa da Moeda durante os seus primeiros anos de funcionamento.[1][2][5]

O edificio ten unha fachada de pedra sinxela de estilo neorenacentista, con fiestras redondeadas na parte superior e dispostas en pares, e cun pórtico central.[2][3]

Acabada en 1893 a actividade de cuñaxe, a Casa de Moeda deixou de existir como tal en 1895, por razóns de índole política e pola mingua da produción de prata na rexión. O seu derradeiro director foi James Crawford, quen tomara posesión do seu cargo en 1874.[2]

Entre 1895 e 1933 o establecemento reconverteuse en Oficina de Ensaio dos EEUU para o ouro e a prata e, finalmente, o Goberno federal vendeulle o edificio ao Estado de Nevada en 1939 por 10.000 dólares.[1][2][3]

Malia non retomarse nunca a cuñaxe nesta ceca, a súa prensa monetaria orixinal mantense aínda no edificio, e con ela cuñáronse en ocasións recente algunhas medallas, coa marca de ceca CC. Algunhas das últimas foron a conmemorativa do 75º aniversario do establecemento do Museo do Estado de Nevada, que agora ocupa as instalacións[6], ou a que celebra o 150º aniversario da constitución da Casa da Moeda, que amosa a imaxe do seu primeiro director, Abraham Curry, nos seus anversos.[7][8]

Proposta de cuñaxe de moedas conmemorativas editar

O 16 de xullo de 2019 propúxose un proxecto de lei para a cuñaxe de dólares Morgan e Peace en 2021 no edificio da antiga Casa da Moeda, cun límite de 500.000 pezas.[9] Se o proxecto chegar a efecto, estas moedas converteríanse nas primeiras de curso legar en amosar a marca de ceca CC desde hai 128 anos.[10]

Este proxecto de lei recibiu o apoio do sector do coleccionismo, focalizado principalmente na postura favorable da American Numismatic Association.[11]

 
1/4 dólar. R/. 1877
 
10 dólares. R/. 1883
 
20 dólares. R/. 1875

Tipos de moedas cuñadas en Carson City editar

Valores en prata editar

Valores en ouro editar

  • 5 dólares Liberty Head (1870-1884 e 1890-1893).
  • 10 dólares Liberty Head (1870-1884 e 1890-1893).
  • 20 dólares Liberty Head (1870-1885 e 1889-1893).

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar