Carreiras de segadoras en Tixós

{{ Proxecto escolar}}

Tixós é unha pequena aldea situada no concello de Baltar, na provincia de Ourense. No mes de agosto celébranse as festas en onra a San Salvador, que se leva de procesión ata a súa capela,que se atopa a medio quilometro da igrexa, onde se lle celebra unha misa e volvese de volta a igrexa. A carreira de segadoras lévase a cabo por cinco mozos do pobo que desempeñaron a función de mordomos en ditas festas. A parte do baile os mordomos decidiron organizar a maiores este xogo, porque é diferente e innovador, xa que o orfamento para a realización das festas era escaso. A elaboración de ditas carreiras levouse a cabo durante tres edicións, dúas delas consecutivas nos anos 2010 e 2011 e a terceira no ano 2015.

Características da carreira editar

  • Circuíto

Levase a cabo nun prado de grandes dimensións. O prado pertencía a un dos veciños da aldea, que o cedeu para que se puidese levar a cabo o evento, o prado atopábase segado o que facilitou a tarefa para delimitar o circuíto. O circuíto delimitábase con cintas e pacas de herba, que realizaban a función de limitar a pista pola que ían os participantes durante a carreira.

  • Segadoras

A maquinaria estaba en desuso, gardada nos alpendres de cada un dos participantes ou familiares dos mesmos, a velocidade máxima que podían acadar era de 20 km/h. Todos e cada un dos participantes comezaron a poñelas a punto, revisándoas, pintándoas, xa que algunhas delas se atopaban oxidadas e averiadas ou algunha roda pinchada.

  • Participantes

O número de participantes era doce, dentro dos que se atopaban os mozos da aldea, e algúns a maiores que viñan das aldeas veciñas. Levaban un número no dorso para diferencialos.

  • Carreira

A proba realizábase de dous en dous, íanse eliminando participantes ata quedar só dous finalistas clasificados. Máis tarde ao rematar a carreira, os clasificados achegábanse ao lugar onde se levaba a cabo a festa cos músicos, nas súas segadoras e subían ao escenario recoller os premios. Os trofeos fíxoos un veciño da aldea, que era canteiro, a base estaba feita de madeira e a parte superior era de pedra tallada cun gravado celta.

Bibliografía editar

Recuperado de: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-solaina-de-veran-programa-30 (minuto 20-24) Recuperado de: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-solaina-de-veran-programa-31 (minuto 30-36)