Carrícola

Carrícola é un concello da provincia de Valencia, na Comunidade Valenciana, España.

Carrícola
Escut de Carrícola.svg
Vista Castell de Carricola 03.jpg
Castelo de Carrícola (no concello de El palomar) e Carricola.
Localización
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaComunidade Valenciana
ProvinciaValencia
ComarcaVall d'Albaida
Xeografía
Altitude425 msnm
Superficie4,6 km²
Demografía
Poboación105 hab. (2013)
Densidade22,87 hab./km²
XentilicioCarricolino/a
Outros datos
Código postal46869
AlcaldeSusana Cháfer Nácher (PSPV-PSOE)
http://www.carricola.es/

HistoriaEditar

Ten a súa orixe nunha alquería musulmá que o rei Xaime I de Aragón cedeu xunto coa torre do Castellet, que hoxe atópase en El Palomar, a Berenguela Alonso en 1270. En 1273 pasa, tamén por doazón do rei conquistador, ao bispo de Valencia. A baronía de Carrícola foi vinculada, en 1477, polo cardeal Lluís Joan del Milà i Borja e recalou posteriormente nos Orense e os Tamarit.

Foi lugar de mouriscos e contaba antes da expulsión con 56 casas.

EconomíaEditar

Baseada tradicionalmente na agricultura. A case totalidade dos cultivos son de secaño como amendoeiras, alfarrobeiras e oliveiras. Na zona da Vall d'Albaida Carricola, foi pioneira na introdución da agricultura ecolóxica como iniciativa de desenvolvemento sostible. A través dela puidéronse xerar beneficios económicos e en forma de oferta de produtos que fan factible iniciativas de turismo rural. Carricola é un excelente lugar para o inicio de rutas dentro das paraxes naturais que envolven o municipio encravado no medio da Serra do Benicadell.

FestasEditar

  • San Antonio Abad: fin de semana máis próximo ao 17 de xaneiro.
  • Día da casoleta: martes de entroido.
  • Aparición de San Miguel Arcángel: 8 de maio.
  • Festas patronais: Último fin de semana de setembro.

Véxase taménEditar