Carolin Emcke

Carolin Emcke, nada en Mülheim an der Ruhr o 18 de agosto de 1967, é unha xornalista, escritora e filósofa alemá.[1]

Carolin Emcke
Carolin Emcke-2.jpg
Nacemento18 de agosto de 1967
Lugar de nacementoMülheim an der Ruhr
NacionalidadeAlemaña
Alma máterUniversidade Harvard, Universidade de Frankfurt e London School of Economics
Ocupaciónxornalista, escritora de non ficción, escritora, columnista e activista LGBT
PremiosTheodor Wolff award, Prêmio da Paz do Comércio Livreiro Alemão, Otto Brenner prize, Johann-Heinrich-Merck-Preis, Lessing Prize of the Free State of Saxony, Cross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, sen etiquetar, Deutscher Reporterpreis, Ordem de Mérito da Renânia do Norte-Vestfália e sen etiquetar
Na rede
http://www.carolin-emcke.de/ e http://carolin-emcke.de/
IMDB: nm2188891 Twitter: C_Emcke Dialnet: 3610863 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Realizou os seus estudos universitarios de filosofía, política e historia na Universidade Johann Wolfgang Goethe de Frankfurt, na London School of Economics e na Universidade de Harvard, doutorándose en filosofía en Frankfurt con Axel Honneth coa tese Kollektive Identitäten: sozialphilosophische Grundlagen.[2]

Escribe periodicamente no xornal Süddeutsche Zeitung e foi redactora e reporteira internacional para as publicacións Die Zeit e Der Spiegel, período durante o que traballou como correspondente de guerra durante catorce anos[1] e viaxou a varias zonas en conflito como Colombia, Kosovo, Iraq ou Afganistán. Actualmente (2018) combina o seu labor xornalístico co comisariado e a presentación dos ciclos de charlas 'Streitraum' no teatro Schaubühne na Lehhniner Platz de Berlín e 'ABC der Demokratie' en Hannover.[3]

Emcke impartiu docencia sobre teoría política e xornalismo en varios centros, como a Universidade de Yale. O seu labor de denuncia da violencia e en favor dos dereitos humanos fixérona merecedora do Premio da Paz dos libreiros alemáns (2016) que se entrega ao final da Feira do Libro de Frankfurt[4] ou o Premio Theodor Wolff outorgado polo gremio de xornalistas de Alemaña (2008), entre outros galardóns.[1] É autora de varios libros, como Stumme Gewalt. Nachdenken über die RAF («Violencia muda. Reflexións sobre a RAF», S. Fischer, 2008) e, en castelán, Contra el odio (Taurus, 2017) e Modos del deseo (Tres puntos, 2018).[3]

Contra el odio, o seu ensaio máis coñecido e que foi best-séller en Alemaña, trata de como o odio «non é a expresión dun sentimento individual, non é espontáneo, é fabricado e require certo marco ideolóxico» que debe ser e é alimentado.[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Carbajosa, Ana. "Carolin Emcke: “Ahora la gente exhibe con orgullo su rechazo a los extranjeros”". Consultado o 26 de agosto de 2018. (en castelán)
  2. grupoemedios.com, ed. (7 de xaneiro de 2018). "Carolin Emcke; “Nunca un momento histórico me había aterrado tanto”". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2018. Consultado o 26 de agosto de 2018. (en castelán)
  3. 3,0 3,1 Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (ed.). "Carolin Emcke". con licenza CC-BY-SA, vía OTRS. Consultado o 26 de agosto de 2018. (en castelán)
  4. Cruz, Juan (20 de abril de 2020). "Carolin Emcke: “La pandemia es una tentación autoritaria que invita a la represión”". El País. Consultado o 20 de abril de 2020. (en castelán)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar