Carol Shaw

deseñadora de videoxogos

Carol Shaw, nada en Palo Alto (California) en 1955, é unha enxeñeira informática estadounidense coñecida por ser a primeira muller deseñadora de videoxogos.[1][2][3][4]

Infotaula de personaCarol Shaw

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Palo Alto, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de California en Berkeley Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira , informática teórica , designer de jogos eletrônicos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1978 Editar o valor em Wikidata -
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeRalph Merkle

Traxectoria editar

Inicios editar

Carol Shaw era filla dun enxeñeiro mecánico que traballaba no Centro de Aceleradores Lineais da Universidade de Stanford.[5] O seu interese pola informática e concretamente polo deseño de videoxogos comezou cando estaba no instituto, cando descubriu que o ordenador podía ser usado para xogar.

Ingresou na Universidade de California, Berkeley e licenciouse en Enxeñaría Eléctrica e Informática en 1977, completando os seus estudos cursando un máster en Informática na mesma universidade.[1][6][7]

Carreira profesional editar

Antes de rematar os seus estudos, a empresa Atari contratouna para traballar como deseñadora de videoxogos, realizando oficialmente o traballo de Enxeñeira de Microprocesadores de Software, converténdose así na primeira muller deseñadora de videoxogos polo seu traballo no xogo Polo, en 1978.[1][8] Ao ano seguinte programou e deseñou o videoxogo en 3D Tic-Tac-Toe para o Atari 2600.[2][9] Deixou o seu traballo en Atari en 1980 e pasou a traballar para Tandem Computers. Despois de 16 meses, Activision contactou con ela para ir traballar para esta empresa. A pesar de ser entrevistado por recrutadores da empresa Imagic, o traballo fracasou debido á falta de experiencia de Carol escribindo xogos de acción. É entón cando decide incorporarse a Activision en 1982, onde programa o seu mellor xogo, o coñecido River Raid[10][11] descrito nalgúns países europeos como Alemaña como un xogo violento e prohibido a menores, converténdose no primeiro consola de videoxogos prohibida por violencia.[12][13]

En 1983, Shaw deseñou e programou completamente o videoxogo Happy Trails,[10] pero publicouse nun momento no que a industria dos videoxogos estaba saturada e en contracción, polo que non tivo moito éxito comercial.[2][14]

En 1984, despois de deseñar Happy Trails para Intellivision e River Raid para Atari 800 e Atari 5200, Carol Shaw deixou a empresa e volveu traballar para Tándem ata 1990, ano no que decidiu retirarse para iniciar unha nova etapa como voluntaria en diferentes organizacións, entre elas o Foresight Institute, onde foi profesora voluntaria.[1]

En 2017, The Game Awards entregoulle o Industry Icon Award polas súas contribucións á industria.[10][15][16]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Benj Edwards. "VC&G Interview: Carol Shaw, Female Video Game Pioneer" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "The Most Important Women in the History of Video Games" (en inglés). Consultado o 27 de febreiro de 2019. 
  3. "Carol Shaw, icono de la industria" (en castelán). 3 de agosto de 2018. Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  4. Llaca, Manuel (18 de decembro de 2017). "Carol Shaw, la primera diseñadora de videojuegos de la historia" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  5. "Celebrating Women in STEM: Carol Shaw - University News |" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2018. Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  6. MB, Frankie (9 de marzo de 2019). "13 mujeres que han marcado la diferencia en los videojuegos" (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  7. "¿MUJERES EN LA TECNOLOGÍA? HABERLAS, HAYLAS" (en castelán). 8 de marzo de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  8. Álvarez, Barbara Guevara (2020-11-26). "Conoce a Carol Shaw, la primera diseñadora de videojuegos". Talent Republic (en castelán). Consultado o 2022-11-11. 
  9. Observador, El. "Sofía Battegazzore, la uruguaya entre las 100 pioneras de los videojuegos". Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "13 mujeres que han marcado la diferencia en los videojuegos" (en español). Consultado o 9 de marzo de 2019. 
  11. "Homenaje a la Video Computer System, más conocida como Atari 2600 y un poco de historia sobre el origen de las consolas y los microordenadores" (en castellano). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2017. Consultado o 6 de maio de 2015. 
  12. "Mujeres en el mundo de la informática. Carol Shaw" (en castellano). Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 6 de maio de 2015. 
  13. "Soy una gamer: la industria de los videojuegos es cosa de chicas | tecno.americaeconomia.com | AETecno - AméricaEconomía". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2017. Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  14. Ortega, José L. (8 de marzo de 2019). "Las mujeres más influyentes en la industria de los videojuegos" (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  15. "¿SABÍAS QUE… la primera mujer desarrolladora de videojuegos revolucionó la industria y se retiró a los 35 años?" (en castelán). 17 de febreiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2020. Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  16. Creed", Bartek Sobczak | 11/13/2018 Filed Under: "Assassin's. "The Game Awards 2018 - "Game of the Year" Nominees Have Been Officially Revealed" (en inglés). Consultado o 11 de xuño de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar