Carmen Cardelle de Hartmann
Carmen Cardelle de Hartmann, nada en Monforte de Lemos o 20 de decembro de 1963 como María del Carmen Cardelle González, é unha filóloga galega-alemá.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Carmen Cardelle González 20 de decembro de 1963 (61 anos) Monforte de Lemos, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade do Sarre |
Actividade | |
Campo de traballo | Filoloxía clásica, filoloxía latina, literatura latina medieval e disciplina auxiliar da historia |
Ocupación | profesora universitaria, filóloga clásica |
Empregador | Universidade de Zürich (2015–) Universidade de Zürich (2008–2015) Universidade de Múnic (2004–2005) Universidade de Múnic (2002–2003) Universidade de Zürich |
Membro de |
Traxectoria
editarEstudou filoloxía clásica entre 1981 e 1986 na Universidade de Santiago de Compostela e entre 1987 e 1988 cursou estudos de filoloxía latina, grega e española na Universidade de Sarre, en Saarbrücken (Alemaña).[1] Doutorouse en filoloxía latina na mesma universidade en 1993.[1]
De 1996 a 1998, fixo un posdoutoramento de "Crítica textual" na Universidade Ludwig Maximilian de Múnic (LMU).[1] Entre 2002 e 2003 foi profesora adxunta do Instituto de filoloxía latina medieval da LMU, e no curso 2004 e 2005 pasou a ser profesora interina.[1] Entre 2007 e 2008 foi directora do Instituto de filoloxía latina medieval da Universidade Ruprecht Karls de Heidelberg e dende setembro de 2008 é profesora e catedrática de filoloxía latina medieval e moderna na Universidade de Zürich.[1]
Obra
editarLibros
editar- Philologische Studien zur Chronik des Hydatius von Chaves (= Palingenesia. Schriftenreihe für klassische Altertumswissenschaft. Bd. 47.) Steiner, Stuttgart 1994, ISBN 3-515-06385-4 (Zugleich: Saarbrücken, Universität, Dissertation, 1993).[2]
- Victoris Tunnunensis Chronicon cum reliquiis ex Consularibus Caesaraugustanis et Iohannis Biclarensis Chronicon. Brepols, Turnhout 2001.
- João de Santarém (Biclarense), Crónica, edición crítica e introdución por Carmen Cardelle de Hartmann e comentario histórico de Roger Collins, Lisboa: Edições Colibri (co patricinio do Instituto Português do Livro e das Bibliotecas), 2002, 184 S. (Collins, "Comentário histórico", S. 151-184)
- Lateinische Dialoge 1200–1400. Literaturhistorische Studie und Repertorium (= Mittellateinische Studien und Texte. Bd. 37). Brill, Leiden u. a. 2007, ISBN 978-90-04-16033-0.
- Parodie in den Carmina Burana, Mediävistische Perspektiven 4, Zürich 2014.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Prof. Dr. Carmen Cardelle de Hartmann - Curriculum vitae" (PDF). Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ "Open access LMU". Consultado o 27 de marzo de 2018.