Carmela Troncoso

enxeñeira de telecomunicacións galega

Carmela González Troncoso, nada en Vigo en 1982, é unha enxeñeira de telecomunicacións e investigadora española especialista en privacidade. É especialmente coñecida por dirixir un equipo europeo que traballa no protocolo DP-3T, co obxectivo de crear unha aplicación para rastrexar os contaxios do COVID-19 sen comprometer a privacidade da cidadanía.[1]

Infotaula de personaCarmela Troncoso

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1982 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo
Universidade Católica de Lovaina (KU Leuven) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseBart Preneel e Claudia Diaz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora , enxeñeira de telecomunicacións , activista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEscola Politécnica Federal de Lausana (2017–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Participou en
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Forum Económico Mundial de 2019 Editar o valor em Wikidata

Twitter: carmelatroncoso Dialnet: 2981351 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Vigo en 1982.[2] A súa nai é profesora de Literatura Española na Universidade de Vigo e o seu pai é físico. A súa irmá máis vella, Xoana González Troncoso estudou física en Santiago, e adícase á neurociencia no Instituto de Tecnoloxía de California.[3] Carmela optou pola enxeñaría titulándose en Telecomunicacións pola Universidade de Vigo nas especialidades Telemática e Electrónica (2000-2006). Pasou por Francia cunha bolsa da Fundación Barrié en Nancy ata que en 2007 chegou a Bélxica doutorándose en Enxeñaría da Universidade KU Leuven (2006-2011). A súa tese sobre "Métodos de deseño e análise para tecnoloxías de privacidade" asesorada polo profesor Bart Preneel e a profesora Claudia Díaz, recibiu o Premio Tese do Consorcio Europeo de Investigación para Informática e Matemáticas Seguridade e Xestión de Confianza.[4][5] Tamén recibiu polo seu traballo en Enxeñaría de Privacidade o Premio de Protección de Privacidade CNIL-INRIA 2017. Durante o seu doutoramento foi visitante investigadora en moitos grupos de seguridade coñecidos, entre eles Microsoft Research Cambridge, o Laboratorio de Computación da Universidade de Cambridge ou o laboratorio LCA1 na Escola Politécnica Federal de Lausana.

De 2011 a 2012 incorporouse como investigadora posdoutoral ao Grupo COSIC da Universidade KU Leuven

En 2012 regresou a Galicia e até 2015 traballou en Gradiant, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, onde se converteu na Líder Técnica de Seguridade e Privacidade primeiro como investigadora posdoutoral en Liftgate Project e desde 2014 en Security and Privaci Technical lead, até setembro de 2015.[6] Alí traballou en solucións prácticas de seguridade e privacidade con empresas locais e internacionais, presentando unha patente sobre comunicacións seguras de vehículo á nube.

De 2015 a setembro de 2017 incorporouse ao IMDEA Software Institute en Madrid ata que en novembro de 2017 incorporouse como profesora asistente en Ciencia Computacional na Escola Politécnica Federal de Lausana onde lidera o Security and Privacy Engineering Lab SPRING centrado no deseño de tecnoloxías de privacidade e metodoloxías para avaliar a protección que elas ofrecen.[7][8]

Durante a crise pola pandemia da COVID-19 liderou un equipo de máis de 20 persoas de oito institucións europeas que traballaron desenvolvendo o protocolo DP-3T baixo o paraugas do Pan-European Privacy-Preserving Proximity Tracing (PEPP-PT) para crear unha aplicación informática que rastrexara os nosos contactos e á vez respecte a privacidade co obxectivo de que a cidadanía coñeza se estiveron preto de alguén que días despois dá positivo polo virus.[9][10][11]

En abril de 2020 foi unha das 300 persoas expertas de 25 países asinantes dunha carta dirixida aos gobernos para pedirlles que eviten solucións tecnolóxicas na súa loita contra o coronavirus que "a longo prazo, poidan dar como resultado sistemas que permitan unha vixilancia sen precedentes da sociedade" advertiendo que a adopción de tecnoloxías de vixilancia "obstaculizaría catastróficamente a aceptación por parte da sociedade en xeral" das aplicacións que poden rastrexar e frear unha segunda onda de contaxios tras o confinamento.[12]

Protección da privacidade editar

A investigación de Troncoso céntrase en comprender como lograr unha mellor protección da privacidade desde a construción de sistemas de preservación da privacidade e o desenvolvemento de metodoloxías que axuden á enxeñaría a incorporar fortes garantías de privacidade nos seus deseños; e desenvolver técnicas para cuantificar sistematicamente a información privada que un adversario pode inferir dos datos aos que pode ter acceso.[10]

Tamén investigou sobre a privacidade xenómica e na procura de solucións para permitir o intercambio seguro de datos xenéticos.

Premios e recoñecementos editar

  • ERCIM STM WG 2012 Award for the Best Ph.D. Thesis on Security and Trust Management (2012)[13]
  • CNIL-INRIA Privacy Protection Award 2017 (Paper: Engineering privacy by design reloaded)
  • Elixida na lista '40under40' de 2020 da revista Fortune.[14][15]

Notas editar

  1. Redacción (2020-09-03). "Carmela Troncoso, unha das científicas máis relevantes no eido da tecnoloxía". GCiencia. Consultado o 2020-09-04. 
  2. ""Siempre he querido saber el porqué de todas las cosas" - LIFTGATE - Lifting Up the Potential of the Galician Telecomms Center". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2020. Consultado o 23 de maio de 2020. 
  3. "Unidas por los genes y la ciencia". Consultado o 23 de maio de 2020. 
  4. "Carmela Troncoso - The Mathematics Genealogy Project". Consultado o 23 de maio de 2020. 
  5. "Una viguesa obtiene el premio a la mejor tesis europea sobre seguridad en internet". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-09-02. 
  6. "Carmela Troncoso, panelista en la CPDP de Bruselas" (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2020. 
  7. "Carmela Troncoso - IMDEA Software Institute". Consultado o 23 de maio de 2020. 
  8. "COSIC seminar – What does the crowd say about you? Privacy issues in aggregate location data – Carmela Troncoso (EPFL)" (en neerlandés). Consultado o 23 de maio de 2020. 
  9. "HOME | PEPP-PT" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2020. Consultado o 23 de maio de 2020. 
  10. 10,0 10,1 "Carmela Troncoso nos cuenta el papel que está jugando la tecnología durante esta pandemia" (en castelán). 12 de maio de 2020. Consultado o 23 de maio de 2020. 
  11. Colomé, Jordi Pérez (15 de abril de 2020). "La ingeniera española que lidera la ‘app’ europea de rastreo de contagios: “No será un estado de vigilancia”" (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2020. 
  12. Castillo, Carlos del. "Más de 300 expertos de 25 países piden evitar tecnologías que permitan "una vigilancia sin precedentes de la sociedad" en la lucha contra la COVID-19" (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2020. 
  13. "ERCIM Working group". Consultado o 23 de maio de 2020. 
  14. elDiario.es (2020-09-02). "La ingeniera española tras las apps de rastreo de contactos, en la lista Fortune de personas más relevantes menores de 40 años". El Diario (en castelán). Consultado o 2020-09-02. 
  15. "La viguesa Carmela Troncoso, entre las 40 personas más influyentes del mundo". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-09-03. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar