Carme López Fernández

Intérprete, docente e musicóloga galega

Carme López Fernández, nada no Incio en 1992, é unha intérprete, docente e musicóloga galega.[1]

Infotaula de personaCarme López Fernández
Biografía
Nacemento1992 Editar o valor em Wikidata (31/32 anos)
O Incio, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade da Coruña
Universidade de Valencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndocente , musicoloxía , interpreter musical (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Comezou tocando a gaita nunha asociación cultural en Sarria, Grao en Mestra de Educación Primaria con mención en música (USC), Título Superior de Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia (CSMV), Máster universitario en interpretación e investigación musical (VIU).[2] Doutorouse na Universidade da Coruña coa tese Compilación, análise e uso didáctico do repertorio vocal acompañado de percusión de man como parte do patrimonio inmaterial galego estudo dun caso representativo (2022), dirixida por Dr/a. Rocío Chao-Fernández.

Ten traballado como mestra en diferentes escolas e asociacións da provincia de Lugo, na Educación Primaria, é docente na Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Ciencias da Educación, Departamento de Didácticas Aplicadas, Área de Expresión Musical).[3] Tamén é docente de Canto Popular, Aula Aberta de Pandereteiras, Aula Aberta de Cantares de Troula na Escola Municipal de Vigo de Música, Folk e Tradicional.[4]

No campo da interpretación, formou parte da OFG SondeSeu, Os Minhotos, Raiceira e Carmela.

No labor de investigación, a súa liña principal diríxese ás músicas de tradición oral e a súa relación coa etnomusicoloxía e a educación, principalmente, vinculándose tanto con ámbitos académicos como divulgativos.Ten publicado artigos en Sinfonías del Cambio: Música y Arte en la Transformación Social, International Humanities Review / Revista Internacional de Humanidades, Congreso EDUCA 2022, CUICIID 2022: congreso Internacional sobre Comunicación, Innovación, Investigación y Docencia.[5]

Discos

editar
  • Quintela (2024). Obra de música experimental con gaita galega. Son seis temas relacionados co seu pasado, Quintela é a casa dos seus avós.[1] É o primeiro traballo de música experimental para gaita galega, influenciado por compositoras como Éliane Radigue, Pauline Oliveros ou Kali Malone.[6]

Premios

editar
  1. 1,0 1,1 Álvarez, Paula (2024-06-30). "Carme López, artista de O Incio: «O meu primeiro disco ten como temática as vivencias da infancia»". La Voz de Galicia. Consultado o 2024-06-30. 
  2. "ORCID". orcid.org. Consultado o 2024-06-30. 
  3. "Carme Lopez Fernandez Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. Consultado o 2024-06-30. 
  4. Tradicional, Escola Municipal de Vigo de Música Folk e. "Carme López Fernández". Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional. Consultado o 2024-06-30. 
  5. "CARME LOPEZ FERNANDEZ - Universidade de Santiago de Compostela". investigacion.usc.gal. Consultado o 2024-06-30. 
  6. Ruth (2024-04-21). "CARME LÓPEZ PRESENTA QUINTELA. (INTERVENCIÓN MUSICAL)". Fundación Eugenio Granell. Consultado o 2024-06-30. 
  7. "Premios Martín Códax da Música". premiosmartincodaxdamusica.gal. Consultado o 2024-06-30.