Carlos Quintana Vázquez

guerrilleiro antifranquista galego

Carlos Quintana Vázquez, nado en Arcos (Chantada) cara a 1914 e finado en Lugo o 30 de xuño de 1941, foi un xastre e guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaCarlos Quintana Vázquez
Biografía
Nacemento1914 Editar o valor em Wikidata
Arcos, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de xuño de 1941 Editar o valor em Wikidata (26/27 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteFerida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsVictorino Quintana Vázquez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Xastre en Arcos. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou no Depósito de Chantada o 7 de decembro de 1937. Pasou ao Cárcere de Lugo, de onde saíu o 21 de decembro. Foi novamente detido en 1941 acusado de atraco a man armada e asasinato do garda civil Rogelio González Coldeiro. Xulgado en Lugo por adhesión á rebelión o 25 de xuño de 1941 na causa 422/41, xunto con Salvador Gil Moure, Jesús López Suárez, Marcelino Sánchez Iglesias, Ramiro Rodríguez Díaz, Jaime González Fernández e Álvaro Vázquez N., foi condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo o 30 de xuño de 1941 xunto con Marcelino Sánchez Iglesias, Ramiro Rodríguez Díaz, Jaime González Fernández e Álvaro Vázquez N..[1][2] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en decembro de 1942.[3]

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 2-7-1941, p. 2.
  2. El Progreso, 4-7-1941, p. 4.
  3. BOE, 27-3-1943, 1180.

Véxase tamén editar