Carlos Paião

cantante portugués

Carlos Manuel de Marques Paião, nado en Coímbra o 1 de novembro de 1957 e finado en Rio Maior o 26 de agosto de 1988, foi un cantante e compositor portugués.

Carlos Paião
Nome completoCarlos Manuel de Marques Paião
Nacemento1 de novembro de 1957
Lugar de nacementoCoímbra
Falecemento26 de agosto de 1988
Lugar de falecementoPortugal
Causaaccidente de tráfico
NacionalidadePortugal
Ocupacióncantautor e artista discográfico
Na rede
IMDB: nm1489413 Musicbrainz: 1a2c95be-3ad2-4110-bb8d-a1b93e31068d Discogs: 1016811 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciado en Medicina pola Universidade de Lisboa en 1983, dedicouse unicamente á música. Carlos Paião era un compositor prolífico e en 1978 tiña xa escritas máis de duascentas cancións, todas elas sen editar. En 1981 decide enviar algunhas delas ao Festival RTP da Canção, e gañouno co tema Play-Back. A canción, unha crítica divertida mais contundente, aos artistas que cantan en play-back, ficou en penúltimo lugar no Festival de Eurovisión de 1981, que se realizou nese ano en Dublín. Carlos Paião nese ano editou outro sinxelo de éxito, Pó de Arroz, e tamén Marcha do Pião das Nicas.

Algarismos (1982) foi o seu primeiro LP, que non obtivo o recoñecemento desexado. Comezou daquela a súa participación televisiva en Foguete, con António Sala e Luís Arriaga, e logo en Hermanias (1984), onde compuxo a totalidade das músicas e letras de Serafim Saudade, unha caricatura creada por Herman José.

En 1983, cantou ao lado de Cândida Branca Flor o tema Vinho do Porto, Vinho de Portugal, que ficou en 3º lugar no Festival RTP da Canção. En 1985, concorreu e foi seleccionado no Festival Mundial de Música Popular de Toquio. A casa discográfica EMI - Valentim de Carvalho encomendoulle a Paião compor temas para outros artistas, coma o propio Herman José ( A Canção do Beijinho) ou coma Amália Rodrigues (O Senhor Extra-Terrestre, de 1982).

Falece cando ía a un espectáculo en Leiría nun accidente de automóbil, na antiga estrada EN1, actual IC2. Nesas datas estaba a preparar un novo álbum titulado Intervalo, que acabou por editarse en setembro dese ano. Compositor, intérprete e instrumentista, Carlos Paião produciu máis de cincocentas cancións, e foi homenaxeado en 2003 cun CD conmemorativo dos 15 anos da súa desaparición, Carlos Paião: Letra e Música - 15 anos depois (Valentim de Carvalho).

Discografía editar

  • Algarismos - LP (EMI, 1982)
  • O Melhor de Carlos Paião - Compilación (EMI, 1985)
  • Intervalo - LP (EMI, 1988)
  • O Melhor de Carlos Paião - Compilación 2CD (EMI, 1991)
  • Os Singles - Compilación (EMI, 1993)
  • Pó de Arroz - Compilación (EMI, 1996)
  • Cinderela - Compilación (EMI, 1997)
  • Letra e Música: 15 anos depois - Compilación (EMI, 2003)
  • Play-Back - Compilación (EMI, 2004)

Sinxelos editar

  • Souvenir de Portugal / Eu Não Sou Poeta (EMI, 1981)
  • Play Back (EMI, 1981)
  • Pó de Arroz / Gá-gago (EMI, 1981)
  • Marcha do Pião das Nicas / Telefonia Nas Ondas do Ar (EMI, 1982)
  • Zero a Zero / Meia Dúzia (EMI, 1982)/
  • Vinho do Porto, Vinho de Portugal - con Cândida Branca Flor (1983)
  • O Foguete (1983)
  • Versos de Amor (EMI, 1985)
  • Arco Íris (EMI, 12/1985)
  • Discoteca (EMI, 198?)
  • Cinderela (EMI, 198?)
  • Cegonha (EMI, 12/1986)
  • Quando as Nuvens Chorarem (EMI, 1988)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar