Carlos Montes Marqués
Carlos Alberto Montes Marqués, nado no Carballiño en 1966, é un historiador e político galego do PSdeG-PSOE.
Carlos Montes Marqués | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1966 |
Lugar de nacemento | O Carballiño |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi director da emisora Cablevisión do Carballiño (1997). En 1999 foi nomeado director da Escola Taller Arenteiro.[1] Nas eleccións municipais de 2003 foi o número 2 da lista do PSdeG-PSOE e foi elixido concelleiro do Carballiño e foi tenente alcalde. Logo da renuncia de Pachi Vázquez para se presentar as eleccións autonómicas do 2005, foi elixido alcalde do Carballiño. Nas municipais de 2007 foi o candidato do PSdeG á alcaldía do Carballiño e foi elixido alcalde. Foi deputado provincial (2007-2011). Presidiu a comisión da sección de vilas termais da FEGAMP e foi membro da executiva do mesmo departamento da FEMP.[2]
Predecesor: Pachi Vázquez |
Alcalde do Carballiño 2005 - 2011 |
Sucesor: Argimiro Marnotes Fernández |
ObrasEditar
- As orixes do Carballiño (1600-1750), Centro de Estudios Chamoso Lamas, 2003.
NotasEditar
- ↑ La Voz de Galicia, Ourense, 3-12-1999, p. 43.
- ↑ Carballiño, una villa con futuro termal