Carlos Castaño Panadero
Carlos Castaño, nado o 7 de maio de 1977 en Madrid, é un exciclista madrileño. Competiu nas modalidades de pista, especialista na proba de persecución por equipos, e ruta.
Biografía | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 7 de maio de 1979 (45 anos) Madrid, España | ||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Ocupación | ciclista, ciclista de pista | ||||||||||||||||||||||
Deporte | Ciclismo en pista | ||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||
2009 | 2008–09 UCI America Tour (en) (243º) | ||||||||||||||||||||||
2009 | UCI Europe Tour de 2008-2009 (pt) (873º) | ||||||||||||||||||||||
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 | ||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarParticipou nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, obtendo unha medalla de bronce na proba de persecución por equipos xunto con Sergi Escobar, Asier Maeztu e Carlos Torrent.[1] Gañou unha medalla de bronce no Campionato Mundial de Ciclismo en Pista de 2004.[2]
Debutou como profesional en 2005 co equipo Andalucía-Paul Versán, tras destacar en categoría afeccionada con vitorias na Volta á Comunidade de Madrid en 2002 ou a Volta a Castela e León en 2001. Xa como profesional, conseguiu dúas vitorias de etapa na Volta a Burgos 2005 e unha vitoria na Volta a Cataluña 2006.[3]
En setembro de 2010 anunciou a súa retirada por mor dunha lesión.[4]
Equipos
editarNotas
editar- ↑ «Carlos Castaño» Arquivado 05 de febreiro de 2013 en Wayback Machine. en Sports-Reference.com (SR/Olympic Sports) (en inglés).
- ↑ «Carlos Castaño» en The-Sports.org (en inglés).
- ↑ «Carlos Castaño» en The-Sports.org (en inglés).
- ↑ "Carlos Castaño se retira por una lesión de espalda". Marca (en castelán). 10 de setembro de 2010.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- FichaArquivado 19 de xullo de 2020 en Wayback Machine. na páx. do COE.