Carlos Benjumea
Carlos Julio Benjumea Guevara, nado en Bogotá o 27 de xaneiro de 1941 e finado o 13 de maio de 2021,[1][2][3] coñecido como "El Gordo", foi un comediante, director de teatro e actor de cinema, teatro e televisión colombiano, fundador da programadora Coestrellas.[4]
Biografía | |
---|---|
Morte | 13 de maio de 2021 |
Actividade | |
Ocupación | actor, humorista, director teatral |
Período de actividade | 1958 - 13 de maio de 2021 |
Familia | |
Fillos | Ernesto Benjumea, Marcela Benjumea |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarCon máis de 50 anos de traxectoria artística, 'El Gordo' comezou facendo teatro e posteriormente integrou o elenco da comedia "Yo y Tú". Na década dos 70, foi a estrela principal dunha serie de filmes humorísticos, incluíndo El taxista millonario, Esposos en vacaciones ou El inmigrante latino, chegando a rodar seis filmes co director Gustavo Nieto Roa.[5] Máis tarde, dedicaríase ás comedias e o teatro.
Foi copropietario da empresa de televisión Coestrellas, onde realizou espazos como "Sabariedades" xunto ó seu amigo Fernando González Pacheco, "Ver para aprender" e fundou a compañía teatral La Casa del Gordo, onde salientou no xénero de Café Concerto. A finais participou en telenovelas como Fuego Verde e Isabel me la veló. Tamén participou en filmes como Perder es cuestión de método e en telenovelas como Hasta que la plata nos separe.[6] Os seus fillos Ernesto, Paola e Marcela son tamén actores de televisión e teatro.[6]
En 2017, recibiu o premio "Victor Nieto" na categoría "toda unha vida" nos premios India Catalina.[7]
En 2021, finou por mor de complicacións rexistradas meses antes.[8][9][10][11]
Notas
editar- ↑ "Ernesto y Marcela, los hijos famosos del fallecido ‘Gordo Benjumea’". El Tiempo. 2021-05-13. Consultado o 13 de maio de 2021.
- ↑ "Muere el 'Gordo' Benjumea, uno de los grandes de la TV en Colombia". El Heraldo. Consultado o 13 de maio de 2021.
- ↑ "Murió Carlos ‘El Gordo’ Benjumea". Infobae. Consultado o 2021-05-13.
- ↑ El Gordo Benjumea, un artesano del escenario y una estrella del humor El Tiempo. 31 de maio de 2018. Consultado o 18 de febreiro de 2019.
- ↑ "“Soy un obrero del arte”". El Heraldo (Barranquilla). 2008. Consultado o 8 de novembro de 2008.
- ↑ 6,0 6,1 Carlos Benjumea, el peso pesado de la actuación colombiana Caracol TV. Consultado o 19 de febreiro de 2019.
- ↑ "Carlos 'El Gordo' Benjumea recibió el Premio 'Víctor Nieto a toda una vida' en los India Catalina". Caracol TV. 4 de marzo de 2017. Consultado o 1 de novembro de 2017.
- ↑ Radio, Caracol (13 de maio de 2021). "Falleció el actor Carlos 'El Gordo' Benjumea". Caracol Radio (en castelán). Consultado o 13 de maio de 2021.
- ↑ "Murió Carlos 'El gordo' Benjumea a los 80 años". RCN Radio (en castelán). 13 de maio de 2021. Consultado o 13 de maio de 2021.
- ↑ "Luto en la televisión colombiana, murió el actor Carlos Benjumea". Noticias de Cundinamarca y Fusagasugá en Día a Día (en castelán). 13 de maio de 2021. Consultado o 13 de maio de 2021.
- ↑ "“Disfruté toda la vida haciendo reír a la gente”: Carlos 'El Gordo’ Benjumea". www.radionacional.co. Consultado o 13 de maio de 2021.