Abrir o menú principal

Carles Bosch de la Trinxeria

escritor español

Carles Bosch de la Trinxeria, nado en Prats de Molló o 15 de maio de 1831 e finado en la Junquera o 15 de outubro de 1897, foi un escritor catalán.

Carles Bosch de la Trinxeria
Carles Bosch de la Trinxeria.jpg
Nacemento1831
 Prats-de-Mollo-la-Preste
Falecemento1897
 La Jonquera
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Naceu no seo da pequena nobreza, estudou o bacharelato de artes e letras en Tolosa e de ciencias en Barcelona. Logo aséntase na Junquera para administrar as súas terras, que estaban a un e outro lado da fronteira.

Membro da Associació Catalana d'Excursions Científiques e da Associació Catalana de Excursions, os seus primeiros artigos apareceron nos boletíns destas asociacións e tamén na revista La Renaixença. En 1887 publica unha recolleita dos seus artigos, Records d'un excursionista, que tiveron un éxito inmediato, ao que seguen Pla i Muntanya (1888), De ma collita (1890) e Tardanies (1892). As súas obras insírense na corrente máis conservadora da Renaixença, propugnando unha volta ás formas de vida do Antigo Réxime.

Escribiu tamén novelas como L'hereu Noradell, en 1889, Montalba e L'hereu Subirà en (1891) e Lena (1894).

BibliografíaEditar

Véxase taménEditar