Caridad Zazo Cardeña

xeóloga española

Caridad Zazo Cardeña, nada en Villaluenga de la Sagra, Toledo, o 22 de xaneiro de 1945, é unha xeóloga española, especializada nos cambios do nivel do mar no Cuaternario. É profesora investigadora do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid. Desde 2015 é membro numerario da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais.[1]

Infotaula de personaCaridad Zazo Cardeña
Biografía
Nacemento22 de xaneiro de 1945 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Villaluenga de la Sagra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid - Doutoramento (–1980) Editar o valor em Wikidata
Director de teseEmiliano Aguirre Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeomorfoloxía, Era cuaternaria, Plioceno, neotectonics (en) Traducir e Eustatismo Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Museo Nacional de Ciencias Naturales (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxeóloga , xeomorfóloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConsello Superior de Investigacións Científicas, CSIC Reseach Professor (en) Traducir, profesor emérito (1991–)
Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC Scientific Researcher (en) Traducir (1989–1991)
Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC Permanent Research Scientist (en) Traducir (1986–1989)
Universidade Complutense de Madrid, adjunct professor (en) Traducir (1984–1988)
Universidade Complutense de Madrid, professor assistente (pt) Traducir (1980–1984) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoEduardo García-Meléndez (en) Traducir, Teresa Bardají (pt) Traducir e Javier Lario (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 319189

Traxectoria editar

Licenciouse en 1968 en Ciencias Xeolóxicas pola Universidade Complutense de Madrid, onde tamén se doutorou en 1980. Entre 1984 e 1988 foi profesora titular do Departamento de Xeomorfoloxía e Xeotectónica da Facultade de Ciencias Xeolóxicas. Desde 1986 pertence ao CSIC, primeiro como colaboradora, desde 1989 como investigadora científica e, desde 1991, como profesora investigadora no Museo Nacional de Ciencias Naturais.[1]

Desde 1990 foi vicepresidenta e de 1992 a 1994 presidenta da Sociedade Española de Xeomorfoloxía.[1]

Desde 1992 é presidenta do Comité Español da Unión Internacional para a Investigación do Cuaternario (INQUA), organización na que tamén pertenceu a diversos comités e subcomités internacionais.[1]

Premios e honras editar

  • 2009: "Golden Chondrite of Merit", Centro de Investigaçao Marinha e Ambiental (CIMA) da Universidade do Algarve (Portugal)
  • 2011: «Arquero de Ouro», medalla nº 2, Asociación Española para el Estudio del Cuaternario (AEQUA)[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales (2015). "Excma. Sra. D.ª Caridad Zazo Cardeña". Académicos. Arquivado dende o orixinal o 6 de agosto de 2016. Consultado o 18 de abril de 2015. 
  2. AEQUA Premio Arquero de Oro.