Carcinoma ductal invasivo

O carcinoma ductal invasivo (CDI) é a forma máis frecuente de cancro de mama invasivo constituíndo un 80% de todos os casos e caracterízase por ser unha masa ou tumoración con límites non ben delimitados.[1] Na mamografía aparece con bordos mal constituídos con trabéculas e tecido graxo con áreas de necrose e hemorraxia que poden aparecer como calcificacións. No exame físico, a tumoración ten unha constitución máis ríxida ou firme que as lesións benignas do seo. Baixo o microscopio, as células cancerosas invaden e substitúen os tecidos circundantes normais.

Imaxe histopatolóxica dun carcinoma ductal invasivo de mama.

Prognóstico editar

A expectativa de vida de pacientes con CDI depende en parte do subtipo histolóxico de cada caso. Os carcinomas mucinosos, papilares, cribriformes e tubulares teñen unha sobrevida máis extensa e as recorrencias son moito menos frecuentes. Nos casos de CDI indeterminados ou non especificados, a sobrevida é intermedia. Finalmente, as formas menos frecuentes do cancro de mama ductal, como o sarcomatoide ou o carcinoma inflamatorio, teñen prognósticos pobres.

Outros factores predisponentes sobre o prognóstico do CDI son o estadio do cancro ó momento do diagnóstico, a expresión de receptores hormonais e a presenza de oncoxenes como o HER2/neu.

Notas editar

  1. Breast Cancer Network of Strength. "Carcinoma Ductal Infiltrante". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2008. Consultado o 13 de xullo de 2018.