Carbono asimétrico

O carbono asimétrico ou carbono quiral é aquel carbono que está enlazado con catro elementos ou grupos químicos distintos.

Os dous enantiómeros de bromoclorofluorometano.

Como se observa na imaxe lateral, a letra "C" correspóndese co carbono asimétrico. Pode apreciarse que se atopa unido polos catro constituíntes distintos, que neste exemplo serían: o hidróxeno (H), o cloro (Cl), o bromo (Br) e mais o flúor (F).

Propiedades ópticas editar

O carbono asimétrico confírelle á molécula propiedades ópticas importantes: un poder rotatorio. Dise entón que é opticamente activo (isomería óptica), xa que fai xirar o plano de vibración da luz polarizada.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.