Caravel (homónimos)

páxina de homónimos de Wikimedia

O termo caravel é moi amplo en galego:

  • Caravel, normalmente designa a flor da caraveleira (Dianthus caryophyllus), ou a masma planta. Eladio Rodríguez dicía que tamén lle chaman caravel da onza ou caravel rebentón, o que máis se cultiva en Galiza é con pétalos dun vermello vivo, que antigamente se usaron como flores cordiais, sudoríferas e diaforéticas.

Outras plantas editar

Eladio Rodríguez describía no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo (1959). A entrada caravel[1]:

En Galiza coñécense diversas clases de caraveis: como plantas ornamentais, de floración duradeira, cultívanse moitísimo nas hortas e xardíns e nas mesmas vivendas campesiñas, cuxas fiestras, balcóns e corredores enféitanse profusamente con eses vistosos vexetais de recendo aromático e de cores variadísimas. Entre eses caraveis cómpre citar o caravel da onza, que así chaman nalgunhas comarcas ao caravel reventón; o caravel mariño ("Armeria maritima" (Miller) Willd.) , que máis comunmente se denomina herba de namorar; o caravel prolífero ("Petrorhargia prolifera" (L.) P. W. Ball e Heywood), que é espontáneo nas marxes do Ulla e abunda tamén nas ribeiras doutros río; e o caravel reventón, o que máis se cultiva en moitas das nosas aldeas, e que tamén se chama caravel da onza, con pétalos dun vermello vivo, que antigamente se usaron como flores cordiais, sudoríferas e diaforéticas. Nos montes e leiras medra ademais unha planta espontánea de talos herbáceos, flores en pequenos feixes e talos floríferos, de 3 a 5 cms. de alto, coñecida vulgarmente por caravel dos campos ou "herba caraveleira" ("Geum urbanum" L.).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Caravel" no Dicionario de Dicionarios da lingua galega.

Véxase tamén editar