Carapuchiña Vermella, a quen tes medo?
Carapuchiña Vermella, a quen tes medo? (en inglés: Red Riding Hood) é un filme estadounidense dirixido por Catherine Hardwicke e protagonizado por Amanda Seyfried que foi estrado no 2011. Está baseado no conto popular de Carapuchiña Vermella recollido por Charles Perrault baixo o nome de "Le Petit Chaperon Rouge", e algunhas décadas despois polos irmáns Grimm como "Rotkäppchen". Estreouse en galego na TVG o 22 de agosto de 2015.[2]
Carapuchiña Vermella, a quen tes medo? | |
---|---|
![]() Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Red Riding Hood |
Director | Catherine Hardwicke |
Produtor | Leonardo DiCaprio Jennifer Davisson Killoran Julie Yorn |
Guión | David Johnson |
Intérpretes | Amanda Seyfried Gary Oldman Billy Burke Shiloh Fernandez Max Irons Virginia Madsen Lukas Haas Julie Christie |
Música | Brian Reitzell Alex Heffes |
Fotografía | Mandy Walker |
Montaxe | Nancy Richardson Julia Wong |
Estudio | Appian Way Productions |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | Hollywood: 7 de marzo de 2011![]() |
Duración | 100 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Suspense e fantasía |
Orzamento | $42 000 000[1] |
Recadación | $89 162 162 |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/red-riding-hood | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
SinopseEditar
Esta nova versión de "Carapuchiña Vermella" relata como durante décadas os habitantes da vila de Daggerhorn mantiveron un complicado pacto cun Lobishome. Sacrifican un animal unha vez ó mes para contentar a besta que os atemoriza cada lúa chea. Pero baixo unha lúa de cor vermello sangue, o lobo leva a vida dun ser humano, aumentando así o prezo do pacto. A vítima é a irmá máis vella de Valerie, unha fermosa rapaza que acaba de descubrir que os seus pais van casala con Henry, o herdeiro da familia máis rica do pobo. Pero ela está namorada de Peter, o humilde leñador ó que amou toda a vida. Para evitar que os separen, a parella decide fuxir, pero o lobo troca os seus plans. Os veciños da vila piden axuda ó reverendo Solomon, un cazador de homes lobo, para que remate coa besta dunha vez por todas. Pero a chegada de Solomon revoluciona aínda máis o lugar cando lles advirte a todos de que o lobo adquire forma humana durante o día e que podería ser calquera deles. Agora todos son sospeitosos.
PersonaxesEditar
- Amanda Seyfried como Valerie[3]
- Virginia Madsen como Suzette[4]
- Billy Burke como Cesaire[5]
- Julie Christie como A avoa[6]
- Shiloh Fernandez como Peter[7]
- Gary Oldman como Reverendo Solomon[8]
- Max Irons como Henry Lazar[9]
- Michael Shanks como Adrien Lazar[5]
- Christine Willes como Madame Lazar[5]
- Michael Hogan como O xuíz[10]
- Lukas Haas como Reverendo August[11]
- Alexandria Malliot como Lucie
NotasEditar
- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "Programación de TVG para el día 22". Teletexto.com. Consultado o 22 de agosto de 2015.
- ↑ Amanda Seyfried's Romantic Interest Cast in Hardwicke's 'Riding Hood'. Bloody-Disgusting.com. Consultado o 2011-01-06.
- ↑ 'Candyman' Victim Mothers 'Red Riding Hood'. Bloody-Disgusting.com. Consultado o 2011-01-06.
- ↑ 5,0 5,1 5,2
- Red Riding Hood na IMDb (en inglés).
- ↑ Virginia Madsen Next for Red Riding Hood. DreadCentral.com. Consultado o 2011-01-06.
- ↑ "Shiloh Fernandez joins The Girl With The Red Riding Hood". Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2011. Consultado o 13 de xuño de 2011.
- ↑ Gary Oldman, Max Irons Round Out 'Red Riding Hood'. Bloody-Disgusting.com. Consultado o 2011-01-06.
- ↑ Supporting Cast Sign For Red Riding Hood. EmpireOnline.com. Consultado o 2011-01-06.
- ↑ Michael Hogan Joins Red Riding Hood Cast. Horror-Asylum.com. Consultado o 2011-01-06.
- ↑ Lukas Haas Seeks the Girl With the 'Red Riding Hood' Bloody-Disgusting.com. Consultado o 2011-01-06.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Carapuchiña Vermella, a quen tes medo? na IMDb (en inglés).
- Rotten Tomatoes (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Web oficial (en inglés)