Capote (tauromaquia)

O capote é un instrumento para tourear, pesado e de tea bastante ríxida, con forma de capa, que se usa tanto para fixar e pór en sorte ao touro de lida como para efectuar lances artísticos durante os dous primeiros terzos dunha corrida de touros. O tamaño varía entre os 113 e os 123 cm e o seu peso entre 4 e 6 kg. Débese distinguir da muleta, máis pequena e lixeira, de cor vermella e utilizada no último terzo da lida.

Toureiro co capote.

A súa orixe atópase nos primeiros tempos da tauromaquia cando os cabaleiros que saían a rejonear e os seus axudantes do montón vestían con capa e servíanse delas no seu lance co touro. Daquela capa orixinouse o capote, que era de cor vermella e de la lixeira (á que se chamaba lamparilla). Actualmente é rosa con voltas amarelas, verdes, azuis ou moradas segundo a preferencia do toureiro. A tea tamén cambiou e é de material sintético (nailon) ou de seda para impedir que se enganche o corno do touro. O capote está tratado con produtos químicos para evitar que penetre o sangue do animal e para darlle peso e rixidez.

Capote de paseo editar

 
Toureiro co capote de paseo leado ao corpo.

O capote non se debe confundir co capote de paseo. Este último só úsase con fins ornamentais, leado no traxe do espada durante o paseíllo. Ten a mesma forma que o capote de brega, pero é máis luxoso, lixeiro e de menor tamaño. Adoita ser de seda, bordado en ouro e abelorios, adornado con galóns e ás veces con imaxes relixiosas. É costume entregalo ao acabar o paseíllo a algunha persoa de confianza para que llo garde ao toureiro durante a lida.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar