Touro de lida
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2012.) |
O touro de lida, tamén denominado touro bravo, designa os animais macho dunha heteroxénea poboación bovina desenvolvida, seleccionada e criada para o seu emprego en diferentes espectáculos taurinos, como as corridas ou os encerros.
Proceden das razas autóctonas da Península Ibérica, coñecidas como «tronco ibérico», que desde tempo inmemorial propiciaron as formas máis primitivas de tauromaquia.
Caracterízase por uns instintos atávicos de defensa e temperamentais, que se sintetizan na chamada "bravura", así como atributos físicos tales como uns cornos grandes cara a adiante e un potente aparello locomotor.