Capharnaüm

filme de 2018 dirixido por Nadine Labaki

Capharnaüm (en árabe: کفرناحوم) é un filme libanés de 2018 dirixido por Nadine Labaki e producido por Khlaed Mouzanar. O guión foi escrito por Labaki, Jihad Hojaily e Michelle Keserwany a partir dunha historia de Labaki, Hojaily, Keserwany, Georges Khabbaz e Khaled Mouzanar. Está protagonizado polo refuxiado sirio e actor infantil Zain Al Rafeea, no papel de Zain El Hajj, un neno de doce ano que vive nos suburbios de Beirut. O filme ten unha narrativa en formato flashback que se centra na vida de Zain e o seu encontro coa inmigrante etíope Rahil e o seu bebé Yonas, así como o seu intento de demandar ós seus pais por neglixencia infantil.

Capharnaüm
Ficha técnica
Título orixinalکفرناحوم
DirectorNadine Labaki
Produtor
Guión
  • Nadine Labaki
  • Jihad Hojaily
  • Michelle Keserwany
Intérpretes
  • Zain Al Rafeea
  • Yordanos Shiferaw
  • Boluwatife Bankole
  • Kawthar Al Haddad
  • Fadi Kamel Youssef
  • Nour el Husseini
  • Alaa Chouchnieh
  • Cedra Izam
  • Nadine Labaki
  • Joseph Jimbazian
  • Farah Hasno
MúsicaKhaled Mouzanar
FotografíaChristopher Aoun
Montaxe
EstudioMooz Films
DistribuidoraSony Pictures Classics[1]
EstreaFestival de Cannes: 17 de maio de 2018
Líbano 20 de setembro de 2018
Duración126 minutos[2]
OrixeLíbano Líbano
XéneroDrama
Orzamento4 millóns de dólares
Recadación68,6 millóns de dólares[3]
Na rede
https://sonyclassics.com/capernaum/
IMDB: tt8267604 Filmaffinity: 867213 Allocine: 251090 Rottentomatoes: m/capernaum Mojo: capernaum Allmovie: v703052 Metacritic: movie/capernaum
Twitter: capharnaumfilm Editar o valor em Wikidata

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2018, onde foi escollido para competir pola Palma de Ouro,[4][5] e gañou o Premio do Xurado.[6][7] O filme recibiu unha ovación de 15 minutos despois da súa estrea en Cannes o 17 de maio de 2018.[8] Sony Pictures Classics, que anteriormente distrubuíra o filme de Labaki W halla' la wayn, mantivo os dereitos de distribución en América do Norte e Latinoamérica, mentres que Wild Bunch obtivo os dereitos internacionais.[9] A súa estrea nos cinemas realizouse o 20 de setembro de 2018.

O filme conseguiu a aclamación da crítica, en particular á dirección de Labaki, á interpretación de Al Rafeea e ó "realismo de estilo documental".[10] Nunha recensión de The New York Times, escrita por Manohla Dargis e A. O. Scott, foi considerado un dos mellores filmes de 2018.[11] Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 91ª edición dos premios.[12]

Capharnaüm é o filme árabe e de Oriente Medio con maior recadación da historia, logo de conseguir 68 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 4 millóns. Tivo un especial éxito na China, onde se converteu no éxito sorpresa con máis de 54 millóns de dólares.

Sinopse editar

Zain, un neno de 12 anos dos barrios marxinais de Beirut cumpre unha condena de cinco anos de prisión por apuñalar un home. Nin Zain nin os seus pais saben a súa data exacta de nacemento porque nunca recibiron un certificado oficial de nacemento. Zain é levado ante un tribunal, despois de decidir emprender accións civís contra os seus pais, Souad e Selim. Cando o xuíz lle pregunta por que quere demandar os seus pais, Zain respóndelle "porque nacín", expresando que son os principais responsables da súa dura infancia e da súa vida conflitiva e caótica.

Personaxes editar

 
Directora e actores no Festival de Cannes (2018)
  • Zain Al Rafeea como Zain El Hajj
  • Yordanos Shiferaw como Rahil (tamén coñecida como Tigest)
  • Boluwatife Treasure Bankole como Yonas
  • Kawthar Al Haddad como Souad
  • Fadi Kamel Youssef como Selim
  • Nour el Husseini como Assad
  • Alaa Chouchnieh como Aspro
  • Cedra Izam como Sahar
  • Nadine Labaki como Nadine
  • Joseph Jimbazian como Mr. Harout (tamén coñecido como Cockroach Man)
  • Farah Hasno como Maysoun

Notas editar

  1. Keslassy, Elsa (10 de maio de 2018). Variety, ed. "Sony Pictures Classics Nabs Nadine Labaki’s Palme d’Or Contender ‘Capernaum’". Consultado o 17 de maio de 2018. 
  2. British Board of Film Classification (ed.). "Capernaum (2018)". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2019. Consultado o 27 de febreiro de 2019. 
  3. "Cafarnaúm (2018) - Financial Information". The Numbers. Consultado o 26 de maio de 2019. 
  4. Cannes (ed.). "The 2018 Official Selection". Consultado o 12 de abril de 2018. 
  5. Variety (ed.). "Cannes Lineup Includes New Films From Spike Lee, Jean-Luc Godard". Consultado o 12 de abril de 2018. 
  6. Steve, Pond (19 de maio de 2018). SF Gate, ed. "‘Shoplifters’ Wins Palme d’Or at 2018 Cannes Film Festival". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2018. Consultado o 19 de maio de 2018. 
  7. Debruge, Peter (19 de maio de 2018). Variety, ed. "2018 Cannes Film Festival Award Winners Announced". Consultado o 20 de maio de 2018. 
  8. Sharf, Zack; Sharf, Zack (17 de maio de 2018). "Nadine Labaki’s ‘Capernaum’ Earns Massive Cannes Standing Ovation and Instant Palme d’Or Winner Predictions". 
  9. Keslassy, Elsa; Keslassy, Elsa (10 de maio de 2018). "Sony Pictures Classics Nabs Nadine Labaki’s Palme d’Or Contender ‘Capernaum’". 
  10. "Capernaum (Capharnaüm) (2018)". Rotten Tomatoes. Consultado o 9 de xaneiro de 2019. 
  11. The New York Times (ed.). "Best Movies of 2018". Consultado o 27 de febreiro de 2019. 
  12. BBC News (ed.). "Oscars 2019: The nominees in full". Consultado o 22 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar