Os cantís de Møn ou Møns Klint son unha atracción turística natural localizada ao longo da costa oriental da illa dinamarquesa de Møn, na rexión de Selandia, con saída ao Mar Báltico. Os penedos de xiz esténdese por arredor de 6 quilómetros.

Os cantís de xiz vistos dende a praia

Características editar

Algús dos cantís chegan a ter unha caída de 120 metros sobre o mar. A contorna Møns Klint consiste en bosques bañados por lagoas entre os que destaca a montaña de Aborrebjerg que, cunha altura de 143 metros, é un dos puntos máis altos de toda Dinamarca. Os penedos e parques adxacente están protexidos como reserva natural. Møns Klint é un destino turiítico bastante popular en toda Europa, con centenares de miles de visitantes ao ano. Hai camiños marcados claramente para os peóns, motociclistas e ciclistas. A praia desta zona non é de area senón de pedra.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar