Cannabis ruderalis
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
As Cannabis Sativas Ruderalis son plantas polo xeral pequenas e teñen a característica de non depender do fotoperíodo para florecer. Tamén cabe destacar unha menor concentración en THC e CBD.
Referente ao seu interese na cannabicultura, é apreciada porque se utiliza para facer xenéticas e experimentar así coas súas vantaxes, comprobando as súas propiedades e os posibles trazos favorables das xeracións sucesivas. É posible cruzalas con variedades índicas ou sativas, de maior psicoactividade, obtendo plantas de alto contido en THC cun período de crecemento e floración moi curto. As plantas conseguidas con estes cruces reciben o nome de "autoflorecentes" (florecen por idade non polas horas de luz que reciban) como por exemplo as variedades Lowrider o White Dwarf.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Cannabis ruderalis |
Outros artigos
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Cannabis ruderalis |