A Cannabis Sativa Indica xorde da adaptación da planta orixinal aos climas montañosos de Asia Central. A súa principal característica é a súa rápida floración, debida á rápida chegada do inverno nestes climas. Son plantas máis pequenas cás Cannabis sativas sativas e máis robustas, con follas máis escuras e de folíolos máis grosos cás sativas e que xeran un gran gomo na copa. Ó fumar as súas flores conséguese un efecto relaxante e incluso narcótico.

Unha planta de Cannabis Sativa Indica.

É difícil atopar variedades índicas puras xa que o que máis se dá son os chamados "híbridos" (mesturas entre índicas e sativas). Exemplo de variedades índicas puras son a Northern Lights e a Hindu kush.