Canguro vermello

O canguro vermello (Macropus rufus) é unha especie de marsupial diprotodonto da familia Macropodidae; é o maior marsupial supervivente. Habita en Australia, nas zonas fértiles. Recibe o seu nome pola cor do seu pelo, vermello ou vermello amarronado. É nocturno ou crepuscular. Posúe un rango de visión de aproximadamente 300 graos debido á posición dos seus ollos, comparado aos 180 graos que posuímos os humanos.