Cangrexo de río americano

especie de crustáceo
Cangrexo de río americano
Procambarus clarkii
Estado de conservación

Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Infraorde: Astacidea
Familia: Cambaridae
Xénero: Procambarus
Subxénero: P. (Scapulicambarus)
Especie: P. clarkii
Nome binomial
Procambarus clarkii
Girard, 1852

O cangrexo de río americano, Procambarus clarkii, é un crustáceo decápodo macruro da familia dos cambáridos.

É un cangrexo de río nativo do sueste dos Estados Unidos, pero que se pode encontrar noutros continentes, onde pode ser unha especie invasora.

Distribución editar

A zona de orixe do cangrexo americano é a costa do golfo de México dos Estados Unidos desde o norte de México até Florida e tamén cara ao interior polo sur de Illinois e Ohio. Tamén foi ás veces introducido deliberadamente fóra da súa zona de orixe como en países de Asia, África, Europa e outros sitios do continente americano. No norte de Europa as poboacións mantéñense pero non se expanden, pero no sur de Europa, este cangrexo estase expandindo e colonizando novos territorios e desprazando os cangrexos de río autóctonos, como Astacus astacus, Austropotamobius spp., etc.

Na Península Ibérica desprazou en moitísimos cursos de auga o cangrexo de río ibérico (Austropotamobius pallipes lusitanicus). Comprobouse que algúns individuos son capaces de atravesar quilómetros de terreo relativamente secos, especialmente nas épocas húmidas do ano, aínda que o comercio para acuarios e os pescadores poden ter acelerado a expansión nalgunhas zonas (crese que os pescadores ao usar este cangrexo como cebo introducírono no estado norteamericano de Washington). Tamén se fixeron intentos de usar o cangrexo americano como un medio de control biolóxico de organismos, para reducir as poboacións de caracois implicados no ciclo biolóxico da esquistosomíase, polo que se favorece a introdución do cangrexo de río americano, por exemplo, en Kenya.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.