Cancioneiro de Belém

O Cancioneiro Musical de Belém, ou simplemente Cancioneiro de Belém (Santa Maria de Belém (Lisboa), Museo Nacional de Arqueoloxía e Etnoloxía, Ms 3391) é un manuscrito portugués do inicio do século XVII que contén música e poemas da época renacentista.

Páxina de título

O manuscrito

editar

Este pequeno cancioneiro de apenas 18 cancións foi descuberto entre os códices do Museo Nacional de Arqueoloxía e Etnoloxía, en Belém, ao final da década dos 60 polos profesores Arthur Lee-Francis Askins e Jack Sage, especialistas na lírica quiñentista ibérica. Posteriormente foi estudado por Manuel Morais, quen publicou en 1988 unha edición crítica do cancioneiro, xuntamente coa transcrición para notación musical moderna das dezaoito cantigas.

O manuscrito chegou aos nosos días con 77 folios de tamaño 191 x 130 mm, sendo que as cancións se estenden do folio 58v ao 74. En data aínda descoñecida, recibiu unha encadernación en pel castaña, en cuxo lombo se le o título Manuscriptos / Varios.

No interior do cancioneiro unha inscrición informa: Porto, dia de S. Miguel, [1]603. Entre tanto, as músicas nel contidas son anteriores a 1603, tendo sido datadas como pertencentes á segunda metade do século XVI (c. 1560-1580). No cancioneiro están rexistrados os únicos madrigais portugueses manuscritos dos que se ten noticia, cantigas e dous raros exemplos de vilancicos relixiosos, un para o Nadal e outro para Corpus Christi.

Algunhas poucas cancións encóntranse duplicadas noutros manuscritos portugueses, como por exemplo no Cancioneiro de Elvas, e nalgunhas edicións impresas españolas do século XVI, mais a maioría delas áchanse unicamente neste manuscrito.

As obras musicais

editar
 
O vilancico "Pues a Dios humano vemos"

A seguir inclúese a lista das obras (cos títulos orixinais).

Obra Compositor Texto Concordancia Gravacións
  1. Pues a Dios humano vemos Anónimo SEG
  2. Ay de mim sin ventura Anónimo Cetina "La monja" SEG
  3. Baxad, Señora los ojos Anónimo SEG
  4. [Oh] Dulçe suspiro mio Anónimo SEG
  5. Venid a suspirar al verde prado Anónimo CME STU, SEG, UFF, BAL
  6. Desperança vos vestistes Anónimo SEG
  7. Dame [a]cogida en tu hato Anónimo SEG
  8. Oy[u]elos graçiosos Anónimo CME SEG
  9. Mira que negro amor y que nonada Anónimo CME SEG
10. Aquella voluntad que se ha rendido Anónimo D. Manuel de Portugal CME SEG, UFF
11. Sabete Gil que me muero Anónimo SEG
12. En la peña, yunto la peña Anónimo SEG
13. Qu[i]en te hizo Yuan pastor Anónimo SEG
14. Tierras mias ado nasci Anónimo SEG
15. O manjar bivo, dulçe i provechoso Anónimo SEG
16. De mi ventura quexoso Anónimo SEG
17. O mas dura que marmor a mis quexas Anónimo Garcilaso de la Vega SEG
18. Flerida en cuja mano Jorge de Montemor Jorge de Montemor SEG

Concordancias con outros manuscritos:

As obras literarias

editar

Entre os poetas identificados encóntranse Don Manuel de Portugal (1516-1606) e o poeta-músico Jorge de Montemor (c.1520-1561), ademais dos casteláns Garcilaso de la Vega (1503-1536) e a descoñecida poetisa Cetina "La monja".

Discografía

editar
  • 1964 - [STU] Frühe spanische Musik im "Goldenen Zeitalter". Studio der frühen Musik. Telefunken "Das Alte Werk" AWT 8039 (EP).
  • 1988 - [SEG] Música Maneirista Portuguesa - Cancioneiro Musical de Belém. Segréis de Lisboa. Movieplay.
  • 1998 - [UFF] Música no tempo das Caravelas. Música Antiga da UFF.
  • 2005 - [BAL] Amor e Devoção - Música Ibérica dos séculos XIII a XVI. Il Dolce Ballo. Selo independente.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar