Cancio, Barcela, Negueira de Muñiz
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
Cancio é un lugar da parroquia de Barcela, no concello de Negueira de Muñiz, na comarca da Fonsagrada, na provincia de Lugo. No ano 2009 tiña 6 habitantes, 3 homes e 3 mulleres, o que supón un aumento nunha persoa en relación ao padrón do ano 2000. No 2021, a poboación total era de 13 persoas: 10 homes e 3 mulleres.[1]
Cancio | |
---|---|
Parroquia | Barcela |
Concello | Negueira de Muñiz |
Coordenadas | 43°07′01″N 6°53′18″O / 43.1169, -6.8884 |
Poboación | 7 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA aldea de Cancio foi deshabitándose pouco a pouco tras a construción do encoro do Salime, nos anos 1950, ata que chegou a despoboarse totalmente. Nos anos 1980, unha parella que chegou ao lugar para participar na experiencia da coñecida como Comuna del Foxo comprou e habitou unha das vivendas, onde aínda residen. En 2010 habitáronse outras tres casas. Unha delas foi adquirida e rehabilitada polos promotores de 27113 Comuna, S. Coop. Galega, empresa cooperativa de traballo asociada creada no ano 2011. A empresa habilitou a propiedade coñecida antigamente como «El casarío de Cancio» e os terreos de arredor para poñer en marcha un proxecto de autoemprego que permitise ás socias establecerse no lugar e promover melloras sociais concretas, como a potenciación socioeconómica do rural, o fomento do cooperativismo ou o coidado medioambiental.[2]
Lugares e parroquias
editarLugares de Barcela
editarLugares da parroquia de Barcela no concello de Negueira de Muñiz (Lugo) | |
---|---|
Barcela | Cancio | Castelo | El Foxo | Rozadas | Santalla | Vilauxín |
Parroquias de Negueira de Muñiz
editarNotas
editar- ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2021". ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2022. Consultado o 26 de outubro de 2022.
- ↑ "Comuna s. coop. galega, entrevistada en BenBo". espazo.coop. 27 de maio de 2014. Consultado o 26 de outubro de 2022.