Canal 6 Navarra foi unha cadea de televisión privada de carácter autonómico que emitía na Comunidade Foral de Navarra, propiedade de Promecal e en funcionamento desde o ano 2002 ata o 14 de maio de 2012, cando deixou paso a un novo proxecto de televisión chamado Navarra Televisión que naceu da fusión de Canal 6 e Popular TV Navarra.[1]

Canal 6 Navarra
Inicio das emisións 2002
Fin das emisións 14 de maio de 2012
Propiedade de Promecal
Formato da imaxe 4:3 e 16:9
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión Navarra Navarra
Substituído por Navarra Televisión
Canle/s irmá(s) Canal 6 Dos

Na rede
http://www.c6na.tv
Facebook: canal6navarra Editar o valor em Wikidata

Antes da súa desaparición era posible sintonizar as súas emisións na práctica totalidade de Navarra a través do sinal dixital e tamén a través do operador ONO. Esta cadea contaba ademais cunha segunda canle, Canal 6 Dos, que xunto a el e as tamén defuntas sinais de Canal 4 Navarra emitía pola TDT no mesmo Multiplexor.

Notas editar

  1. "Hoxe comeza a emitir a nova televisión navarra". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2017. Consultado o 11 de marzo de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar