Canadian-American Hockey League

Ae Canadian-American Hockey League, popularmente coñecida como Can-Am League,foi unha liga profesional menor de hóckey sobre xeo de América do Norte que se disputou entre 1926 e 1936.[1] Foi unha antecesora directa da American Hockey League (AHL).

Modelo:Competición deportivaCanadian-American Hockey League
Tipoliga deportiva Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEstados Unidos de América e Canadá Editar o valor em Wikidata
Vixencia1926 – 1936 Editar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor em Wikidata

Durante os seus dez primeiros anos, o número de equipos que conformaron a Can-Am variou entre os cinco e os seis equipos. Cando Boston abandonou despois da tempada 1935–36 a liga quedou reducida a catro equipos (Philadelphia, Providence, Springfield e New Haven), con todo, a CAHL uniuse con outros catro equipos da International Hockey League (Syracuse, Buffalo, Pittsburgh e Cleveland) e operaron como un novo pero temporal "sistema de mutua convivencia" chamada "International-American Hockey League." Deste xeito as dúas ligas xogáronse xuntas durante os dous anos seguintes cos equipos da Can-Am xogando na Conferencia Leste, e os da IHL na Conferencia Oeste, a pesar de que Buffalo tivo que abandonar a competición a principios da tempada 1936–37 cando o teito do seu pavillón caeu a causa dunha tormenta de neve.

Nunha reunión celebrada en Nova York o 28 de xuño de 1938, as dúas ligas uníronse formalmente nunha competición inificada de oito equipos que se denominou I-AHL coa incorporación do daquela tres veces campión da EAHL Hershey Bears, ao que lle concederon un posto na I-AHL para substituír o desaparecido equipo de Buffalo .[2] A liga cambiou o seu nome polo actuald de AHL en 1940.[3]

As franquías actuais da AHL teñen raíces na antiga Can-Am. O Hartford Wolf Pack descende dos Providence Reds, que se trasladaron a Binghamton (Nova York en 1977, antes de trasladarse a Hartford en 1997. Os Utica Comets descenden dos antigos Springfield Indians, que se trasladaron a Worcester (Massachusetts) en 1994 antes de reubicarse en Peoria en 2005, e a Utica en 2013.

Equipos

editar

Campións

editar

O trofeo de campión era coñecido como Henri Fontaine Trophy.[4][5]

Tempada Nº de equipos Liga regular Play-offs Resultado
1935–36 5 Philadelphia Ramblers Philadelphia Ramblers 9-5 (goles totais)
1934–35 6 Boston Bruin Cubs Boston Bruin Cubs 22-14 (goles totais)
1933–34 6 Providence Reds Providence Reds 11-3 (goles totais)
1932–33 5 Philadelphia Arrows Boston Cubs 3-0
1931–32 5 Providence Reds Providence Reds 3-2
1930–31 6 Springfield Indians Springfield Indians 3-0
1929–30 6 Providence Reds Providence Reds 3-2
1928–29 5 Boston Tigers Boston Tigers 3-0
1927–28 5 Springfield Indians Springfield Indians 3-0
1926–27 5 New Haven Eagles Springfield Indians 3-1
  1. hockeyleaguehistory.com (ed.). "Minor Professional Hockey Leagues. Canadian-American Hockey League (1926-1936)" (en inglés). Consultado o 2 de outubro de 2014. 
  2. "HERSHEY IN HOCKEY LEAGUE Admitted to Circuit as American-International Loops Unite" The Philadelphia RECORD, June 29, 1938
  3. American Hockey League (ed.). "History of the American Hockey League" (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2014. 
  4. "Boston Tigers Lose Trophy". The Milwaukee Journal (en inglés). April 4, 1930. p. 2. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2 de novembro de 2014. 
  5. hockeydb.com (ed.). "Canadian-American Hockey League [1926-1936] history and statistics" (en inglés). Consultado o 2 de outubro de 2014.