Un canón submarino é un val de ladeiras inclinadas situado no noiro continental e cuxa formación está frecuentemente relacionada cun río actual ou antigo no continente lindeiro, como se se tratara dun prolongamento do val dese río precursor.

Imaxe en perspectiva do fondo da costa de San Gabriel e Os Ánxeles (California, Estados Unidos). Móstranse os canóns submarinos de San Gabriel (A) e Newport (B), este último formado por varios brazos que se abren cerca da cidade dos Ánxeles. (A exaxeración vertical do diagrama é de seis veces).

Na maioría dos casos, a plataforma continental cobre unha parte do canón, sobre todo cando dita plataforma é bastante extensa e cunha pendente escasa, tal como se ve no caso dos canóns submarinos ao oeste dos Ánxeles.

Noutras ocasións, o canón submarino tamén corta á plataforma continental, polo que chega practicamente á desembocadura do río que lle deu orixe, como son os casos do río Hudson (Nova York) e o río Congo, no oeste de África.

A formación dos canóns submarinos é un proceso xeolóxico que require unha enorme cantidade de tempo e que pon de manifesto a eterna oposición entre os movementos construtores e destrutores do relevo terrestre.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ancechea Soto, Eumenio, Francisco Anguita Virella e Fernando Moreno Serrano(1990): Geología: procesos externos. Zaragoza: Editorial Luis Vives. ISBN 84-263-0470-2.
  • Strahler, Arthur Newell (1970): Physical Geography, segunda edición. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0471831686.

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.