O Campo de Higgs é un campo cuántico teórico, baseado no modelo estándar de física de partículas, exposto polo físico Peter Higgs no ano 1964 (e de xeito independente polos físicos belgas Robert Brout e François Englert), dito campo permearía o universo enteiro, o seu efecto faría que as partículas actuaran dentro do campo como dotadas de masa, debido á interacción asociada das partículas elementais co bosón de Higgs, e da interacción do propio bosón de Higgs consigo mesmo tamén este "adquiriría" masa. Isto último resulta clave para comprender que é o campo de Higgs o que xera a masa das partículas -non o bosón de Higgs-, mediante o chamado mecanismo de Higgs. O Gran colisor de hadróns do CERN trata na actualidade de probar a hipóteses de Higgs, na busca do bosón de Higgs.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

A nivel de divulgación científica:

  • Leo Lederman e Dick Teresi; "La partícula divina", Editorial Crítica, ano 2007, ISBN 978-84-8432-968-8 (versión en castelán da obra "The God Particle").
  • Lisa Randall; "Knocking on Heaven's Door: How Physics and Scientific Thinking Illuminate the Universe and the Modern World"; Editorial Ecco, ano 2011; ISBN 006172372 X .

A nivel científico:

  • John F. Gunion, Howard Haber, Gordon Kane, Sally Dawson; "The Higgs hunter's guide", Westview Press, 13/07/2000; 425 páxinas; ISBN 0-7382-0305-X .

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar