Campo de Cariñena

Localización da comarca en Aragón.
Concellos da comarca.

O Campo de Cariñena é unha comarca de Aragón, en España, situada no centro-oeste da provincia de Zaragoza, entre os ríos Jalón e Huerva. A súa capital é Cariñena.

MunicipiosEditar

A comarca engloba aos municipios de Aguarón, Aguilón, Aladrén, Alfamén, Cariñena, Cosuenda, Encinacorba, Longares, Mezalocha, Muel, Paniza, Tosos, Villanueva de Huerva e Vistabella de Huerva.

XeografíaEditar

Limita ao norte coas comarcas de Valdejalón e Zaragoza, ao oeste coa Comunidade de Calatayud, ao sur co Campo de Daroca e ao leste co Campo de Belchite.

EconomíaEditar

Destacan os seus viños con denominación de orixe, obtida en 1935 e homologada en 1989. A superficie de cultivo de vide é dunhas 17.908 hectáreas e a produción de viño de 300.000 hectolitros.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar