Río Huerva
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.) |
O Huerva (Uerba en aragonés) é un río español que ten o seu curso na comunidade autónoma de Aragón. É afluente do río Ebro, ao cal se une pola súa marxe dereita, despois de percorrer 128 km.
Huerva - Uerba | |
---|---|
O Huerva en Vistabella | |
País | España |
Nacemento | Fuentefrida, serra de Cucalón |
Lonxitude | 128 km |
Conca | 1.020 km² |
Caudal medio | 0,84 m³/s |
Desembocadura | Río Ebro |
Percorrido
editarNace en Fuenfrida, na serra de Cucalón (Sistema Ibérico) na provincia de Teruel. Dirixe o seu curso de S a N, con curso sinuoso. Logo de atravesar as localidades de Vistabella de Huerva, Villanueba de Huerva, Muel, Botorrita, Cuarte de Huerva, Cadret e máis María de Huerva, atravesa a cidade de Zaragoza, na cal rende as súas augas no Ebro.
Explotación industrial
editarÁ parte do seu aproveitamento para regadío, sobre o Huerva se levantan dous encoros: o de Mezelocha e o de Las Torcas.
Curiosidade lingüística
editarNa mesma capital, Zaragoza, é denominado La Huerva, exemplificando a consercación do xénero feminino que teñen moitos ríos en aragonés, noutros idiomas románicos e en latín.