Campo municipal de Barraña

campo de fútbol en Boiro
(Redirección desde «Campo de Barraña»)

Coordenadas: 42°38′21″N 8°52′44″O / 42.6392, -8.87889

O campo municipal de Baraña é un campo de fútbol da capital municipal de Boiro, situado preto do paseo marítimo da vila. O seu propietario é o Concello de Boiro e nel xoga os seus partido como local o Club Deportivo Boiro.

Barraña
Datos
LocalizaciónAvenida de Barraña, 71 Boiro, Galicia
Estadio
SuperficieHerba natural
Capacidade1400
PropietarioConcello de Boiro
LocalíaCD Boiro

Ten un terreo de xogo de céspede natural e conta cunha bancada cuberta con capacidade para 1400 espectadores. Posúe, ademais, unha cabina para xornalistas na que poden chegar a estar ata seis profesionais, a cuxa disposición teñen conexión a Internet, alumeado e electricidade[1][2].

Notas editar

  1. "Campo de Fútbol Municipal de Barraña Boiro". Páxinas Galegas. Consultado o 03-04-2016. 
  2. "CAMPO MUNICIPAL DE BARRAÑA". CD Boiro. Arquivado dende o orixinal o 31-08-2016. Consultado o 04-04-2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar