Abrir o menú principal

Camilo de Cabo Fernández, nado en Monforte de Lemos o 29 de marzo de 1925 e finado en Vigo o 26 de febreiro de 2009[1], foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de defensa central, máis coñecido como Cabiño.

Camilo de Cabo Fernández
Información persoal
Nacemento 29 de marzo de 1925
  Monforte de Lemos
Falecemento 26 de febreiro de 2009
Nacionalidade España

TraxectoriaEditar

Ficha polo Celta de Vigo na tempada 1947-48 na que o equipo remata a liga na cuarta posición e chega a final da Copa do Xeneralísimo. Nesta final que enfrontaría ao Celta e o Sevilla FC o equipo celeste remataría con nove xogadores trala expulsión de Pahiño e a lesión de Francisco Simón xa que o regulamento da época non permitía as substitucións.

Deixou o Celta no ano 1952 e retiraríase no CD Logroñés.

NotasEditar

Véxase taménEditar