Camille Paglia

escritora estadounidense

Camille Paglia (nada en Endicott, estado de Nova York, o 2 de abril de 1947) é unha humanista estadounidense, coñecida como unha sobranceira pensadora do feminismo actual.

Infotaula de personaCamille Paglia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Camille Anna Paglia Editar o valor em Wikidata
2 de abril de 1947 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Endicott, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoÍtalo-americanos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Yale
Universidade de Binghamton (pt) Traducir
Nottingham High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstudos de xénero, crítica literaria e humanidades Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador da arte , xornalista , crítico de cinema , ensaísta , crítico literario , catedrático , escritor , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Yale Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
MovementoAteísmo Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaInglés estadounidense e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm0656468 Allocine: 444376 Rottentomatoes: celebrity/camille_paglia Allmovie: p197332 Metacritic: person/camille-paglia
Facebook: CamillePagliaAuthor Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Criada nunha familia italiana emigrada aos Estados Unidos, seu pai transmitiulle o interese pola arte e as linguas romances. Estudou en Binghamton University e en Yale, onde alardeou dun aberto lesbianismo infrecuente nos medios universitarios nos anos sesenta. Influenciada e encirrada pola súa paixón por Susan Sontag, optou por abranguer un feminismo culto e afastado do que consideraba lugares comúns dese pensamento pouco fundados culturalmente. Tras ser quen de traer a Sontag a falar á súa universidade, acabou decepcionada e encetou o seu propio traballo intelectual enfrontado a un confortable feminismo propio do mundo académico. Isto fíxolle rachar coa universidade e enfrontar unha vida propia de librepensadora publicando artigos en revistas especializadas como "Aron" e buscando, con dificultades iniciais, editoriais para os seus ensaios.

Os seus duros debates con outras figuras do feminismo marxinárona do movemento organizado. A Kate Millett acusouna de defender ideas totalitarias e a Judith Butler de inventar artificialmente unha teoría de xénero desconectada da realidade biolóxica e antropolóxica das mulleres.

Foi considerada unha das pensadoras máis influentes por publicacións de prestixio como "Foreing Policy" e "Prospect".

Pensamento editar

Camiglie Paglia defende a bisexualidade como expresión da liberación e o apoderamento da muller. Nas súas investigacións sobre a muller na expresión artística, amosa a subordinación e manipulación da muller e o seu corpo debido a unha cultura propia do patriarcado e o machismo. Entende que na natureza humana existen forzas primarias dionisíacas e caóticas, especialmente no que atinxe á sexualidade, que a cultura patriarcal pretende reprimir subordinando o poder inherente á muller. A diferenza da ideoloxía de xénero, Paglia cre na especificidade e a forza da sexualidade feminina e defende a súa liberación dende posicións libertarias. Acusa a determinadas correntes femininas de pretender anular a masculinidade e dun puritanismo inimigo da liberdade afectiva, da pornografía e da liberdade dos corpos.

Foi polémico o seu desleixo por pensadores recoñecidos como Jean Baudrillard, Jacques Derrida, Jacques Lacan e Michel Foucault, aos que descualificou como post-estruturalistas que separaban a palabra do mundo real, algo moi masculino que o arraigo da muller no seu corpo debe rexeitar con enerxía.

Insta as mulleres a que desenvolvan a súa enerxía e o seu potencial creativo e solidario do seu sexo, pero critica o fondo individualista burgués e o falso vitimismo de certas correntes feministas actuais. Isto fixo que se autocualificase como a feminista que as demais feministas odian.

Na súa análise da cultura popular actual, manifesta críticas duras contra as artistas e mulleres do mundo do espectáculo que asumen un feminismo estereotipado e superficial, ao tempo que asemade utilizan expresións corporais e estratexias publicitarias que potencian o sexismo e o exhibicionismo feminino concibido para agradar o varón consumista, mol e tépedo da postmodernidade.

Nos seus artigos, ensaios e entrevistas, non foxe de posicións paradoxais como a crítica do apoucamento politicamente correcto dos intelectuais varóns, ata o punto de afirmar sentirse cómoda nos derradeiros redutos masculinos como os talleres e os estadais.

Obras editar