Camel Trophy
O Camel Trophy foi unha competición de rally realizada entre os anos de 1980 e 2000, ideada como evento promocional da marca de cigarros Camel.
A competición iniciouse en 1980 coa iniciativa e participación de seis pilotos alemáns en estradas da Amazonia e nun pequeno treito da Transbrasil (BR-153 tomando ao longo dos anos proporcións mundiais, con treitos en máis de 15 países.[1]