Calendario de vacinación infantil

(Redirixido desde "Calendario vacinal galego")
Modelo de calendario de vacinación aprobado polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde e o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social de España.

O calendario de vacinación infantil é o esquema de inmunizacións que os diferentes sistemas de saúde estatais ou rexionais establecen para a poboación pediátrica, coa fin de protexérena das doenzas que dispoñen de vacina.

Recoméndase que os nenos sexan vacinados tan pronto coma o seu sistema inmune sexa quen de responder á inmunización, coas doses de reforzo que posteriormente sexan precisas.

Vacinación infantil en GaliciaEditar

En Galicia, o Servizo Galego de Saúde é o organismo encargado de deseñar e configurar o calendario vacinal, conforme ás recomendacións do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde e o Ministerio de Sanidade de España.

No ano 2008, o calendario era o seguinte:

  Calendario de vacinación (2008)[1]
0 meses Hepatite B
2 meses Vacina hexavalente: DTPa, Polio, Hepatite B, Haemophilus influenza B; Meningococo C
4 meses Vacina pentavalente: DTPa, Hepatite B, Hib; Meningococo C
6 meses Vacina hexavalente: DTPa, Polio, Hepatite B, Haemophilus influenza B
15 meses Vacina vírica tripla
18 meses Vacina pentavalente: DTPa, Hepatite B, Hib; Meningococo C
3 anos Vacina vírica tripla
6 anos DTPa
12 anos Varicela
14 anos Td (difteria e tétanos do adulto), Virus do papiloma humano

NotasEditar

  1. Dirección Xeral de Saúde Pública. Consellería de Sanidade., ed. "Calendario de vacinación infantil de Galicia (setembro de 2008)" (PDF). Consultado o 31 de maio de 2015. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar