Cadel Evans Great Ocean Road Race 2018
A Cadel Evans Great Ocean Road Race 2018 foi unha carreira ciclista dun día disputada o 28 de xaneiro de 2018 en Australia. Esta foi a cuarta edición da Cadel Evans Great Ocean Road Race e a segunda proba do UCI World Tour 2018.[1][2]
O corredor australiano Jay McCarthy (Bora–Hansgrohe) liderou un selecto grupo de 24 corredores do que obtivo a vitoria,[3] por diante do italiano Elia Viviani (Quick-Step Floors Team), mentres que o recente gañador surafricano do Tour Down Under 2018 Daryl Impey (Mitchelton–Scott), que tamén continuaba líder do ránking do World Tour.
Percorrido
editarO trazado da proba consistiu nunha primeira parte duns 100 km en ruta seguidos de 4 voltas a un circuíto arredor da cidade de Geelong, lugar onde tamén estaba a saída. Ese circuíto urbano contaba cun repeito de 1,5 km ao 7%. En total, a carreira tivo unha distancia de 164 km. Parte do percorrido tamén foi común ao empregado nos Campionatos do Mundo de Ciclismo en Ruta de 2010 que tiveran lugar en Melbourne.
Equipos
editarComo a carreira foi engadida ao calendario do UCI World Tour no 2017, tódolos UCI WorldTeams foron invitados á proba, pero non obrigados a correr nela. Como resultado destas decisións, 12 dos 18 WorldTeams competiron na Great Ocean Road Race[4], 4 menos ca na edición anterior. Tres equipos Profesionais Continentais competiron – tamén un menos que no 2017. Ademais, unha selección nacional australiana completou o pelotón de 16 formacións.
UCI WorldTeams
editarEquipo | País | Código |
---|---|---|
AG2R La Mondiale | Francia | ALM |
BMC Racing Team | Estados Unidos | BMC |
Bora-Hansgrohe | Alemaña | BOH |
Team Dimension Data | Suráfrica | DDD |
Team Katusha-Alpecin | Suíza | KAT |
LottoNL-Jumbo | Países Baixos | TLJ |
Lotto-Soudal | Bélxica | LTS |
Mitchelton-Scott | Australia | ORS |
Quick-Step Floors | Bélxica | QST |
Team Sky | Reino Unido | SKY |
Team Sunweb | Alemaña | SUN |
Trek-Segafredo | Estados Unidos | TFS |
Equipos invitados
editarEquipo | País | Código |
---|---|---|
Aqua Blue Sport | Irlanda | ABS |
Israel Cycling Academy | Israel | ICA |
Roompot–Nederlandse Loterij | Países Baixos | ROO |
Selección nacional | Australia |
Pos | Ciclista | Dorsal | Equipo | Tempo | Pts |
---|---|---|---|---|---|
1º | Jay McCarthy | 14 | Lotto-Soudal | 4 h 04' 00" | 300 |
2º | Ella Viviani | 31 | Quick-Step Floors | m.t. | 250 |
3º | Daryl Impey | 61 | Mitchelton-Scott | m.t. | 215 |
4º | Dries Devenyns | 32 | Quick-Step Floors | m.t. | 175 |
5º | Simon Gerrans | 41 | BMC Racing Team | m.t. | 120 |
6º | Niklas Arndt | 1 | Team Sunweb | m.t. | 115 |
7º | Steele Von Hoff | 153 | Australia | m.t. | 95 |
8º | Maurits Lammertink | 84 | Team Katusha-Alpecin | m.t. | 75 |
9º | Enrico Battaglin | 106 | LottoNL-Jumbo | m.t. | 60 |
10º | Lars Bak | 91 | Lotto-Soudal | m.t. | 50 |
11º | Robert Gesink | 101 | LottoNL-Jumbo | m.t. | 40 |
12º | Owain Doull | 22 | Team Sky | m.t. | 35 |
13º | Pierre Latour | 71 | AG2R La Mondiale | m.t. | 30 |
14º | Koen de Kort | 52 | Trek-Segafredo | m.t. | 25 |
15º | Maarten Wynants | 102 | LottoNL-Jumbo | m.t. | 20 |
Carreira feminina
editarUn día antes da carreira masculina, o 27 de xaneiro, disputouse a carreira feminina. Cos mesmos lugares de saída e chegada que os homes, as féminas facían un percorrido de case 110 km ata alcanzar o porto de Geelong.
As 5 primeiras corredoras en meta foron as seguintes:
Referencias
editar- ↑ "UCI anuncia calendario ruta 2018". Cycling News. Consultado o 2 de abril de 2018.
- ↑ "UCI confirma calendario WorldTour". Velon. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2017. Consultado o 2 de abril de 2018.
- ↑ Marshall-Bell, Chris (28 de xaneiro de 2018). "Jay McCarthy convertese no primeiro australiano en gañar a Cadel Evans Great Ocean Road Race". Consultado o 2/4/2018.
- ↑ "12 WorldTour teams for 2018 Cadel Evans Road Race". CyclingNews. Consultado o 2 de abril de 2018.
- ↑ "McCarthy wins 2018 Cadel Evans Great Ocean Road Race". CyclingNews. Consultado o 2 de abril de 2018.
- ↑ "Clasificación feminina". UCI. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2018. Consultado o 08 de abril de 2018.