Cadaverina
A cadaverina (NH2(CH2)5NH2) é unha poliamina do grupo das diaminas producida pola descarboxilación do aminoácido lisina[1] catalizada polo encima lisina descarboxilase (LDC). A cadaverina tamén se chama 1,5-pentanodiamina e pentametilenodiamina. É unha diamina tóxica [2] e fedorenta semellante á putrescina. Ambas as dúas orixínanse durante a putrefacción dos tecidos animais, na que interveñen bacterias saprófitas, pero a cadaverina non se asocia unicamente á putrefacción, xa que os seres vivos tamén a producen en pequenas cantidades e é parcialmente responsable do cheiro caracterísitco dos ouriños e do seme.
Historia
editarA putrescina [3] e a cadaverina[4] foron descritas por primeira vez en 1885 polo médico alemán Ludwig Brieger (1849–1919).[5]
Importancia clínica
editarAtopáronse elevados niveis de cadaverina nos ouriños dalgúns pacientes con defectos no seu metabolismo da lisina.
Toxicidade
editarA cadaverina é tóxica a altas doses. Nas ratas obsérvase unha toxicidade oral aguda de máis de 2000 mg/kg de peso corporal.[6]
Notas
editar- ↑ PubChem Compound Cadaverine
- ↑ Lewis Robert Alan (1998). CRC Press, ed. Lewis' Dictionary of Toxicology. p. 212. ISBN 1566702232.
- ↑ Ludwig Brieger, "Weitere Untersuchungen über Ptomaine" [Further investigations into ptomaines] (Berlin, Germany: August Hirschwald, 1885), page 43.
- ↑ Ludwig Brieger, "Weitere Untersuchungen über Ptomaine" [Further investigations into ptomaines] (Berlin, Germany: August Hirschwald, 1885), page 39. Na páxina 39 lese: Chameille á nova diamina, C5H16N2, "cadaverina", xa que, á parte da súa composición empírica, que facía que esta nova base parecese superficialmente un hidrido de neuridina, non había indicios que xustificasen que o fose.
- ↑ Breve biografía de Ludwig Brieger Arquivado 03 de outubro de 2011 en Wayback Machine. (en alemán).
- ↑ "Acute and subacute toxicity of tyramine, spermidine, spermine, putrescine and cadaverine in rats". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2017. Consultado o 08 de novembro de 2011.