Caché (filme)
Caché é un filme de 2005 escrito e dirixido por Michael Haneke e protagonizado por Daniel Auteuil e Juliette Binoche. É unha coprodución internacional entre Austria, Italia, Alemaña e Francia. O filme conta a historia dunha parella francesa de clase media, Georges (Auteuil) e Anne (Binoche), que están aterrorizados por unhas cintas de vídeo anónimas que aparecen diante da súa porta e semellan amosar que a familia está baixo vixilancia. As pistas nos vídeos sinalan ós recordos da infancia de George, e á súa resistencia a que os seus pais adoptasen un neno alxeriano orfo chamado Majid, quen foi enviado lonxe. As cintas condúceno até Majid (Maurice Bénichou), sendo agora adulto.
Caché | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Caché |
Director | Michael Haneke |
Produtor | Veit Heiduschka Michael Katz Margaret Menegoz |
Guión | Michael Haneke |
Intérpretes | |
Fotografía | Christian Berger |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | Les films du losange |
Estrea | Festival de Cannes: 14 de maio de 2005 5 de outubro de 2005 |
Duración | 118 minutos[1] |
Orixe | Austria Italia[2] Francia Alemaña |
Xénero | Suspense |
Orzamento | 8 millóns de euros[3] |
Recadación | 16,2 millóns de dólares[4] |
Na rede | |
http://www.sonyclassics.com/cache/ | |
Foi escollido como candidato de Austria para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 78ª edición dos premios, mais foi descualificado.
Personaxes
editar- Juliette Binoche como Anne Laurent
- Daniel Auteuil como Georges Laurent
- Maurice Bénichou como Majid
- Lester Makedonsky como Pierrot Laurent
- Walid Afkir como fillo de Majid
- Annie Girardot como nai de Georges
- Daniel Duval como Pierre
- Bernard Le Coq como xefe de Georges
- Nathalie Richard como Mathilde
- Denis Podalydès como Yvon
- Aïssa Maïga como Chantal
- Philippe Besson como convidado na televisión
Notas
editar- ↑ British Board of Film Classification, ed. (21 de novembro de 2005). "Caché (15)". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 4 de maio de 2013.
- ↑ British Film Institute (ed.). "Caché (2004)". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2017. Consultado o 21 de xaneiro de 2018.
- ↑ Staff. Screen Daily, ed. "Haneke's Hidden cranks up with Binoche, Auteuil". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2018. Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "Cache (Hidden)". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2013. Consultado o 4 de maio de 2013.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de Austria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 78ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
editar- Caché na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)