Cabo Tiburón

accidente xeográfico no mar Caribe na fronteira entre Panamá e Colombia

Coordenadas: 8°40′34″N 77°21′32″O / 8.67611111, -77.35888889

O cabo Tiburón é un accidente costeiro que marca o inicio da fronteira común entre Panamá, ao occidente, e Colombia, ao oriente, no mar Caribe. Este cabo tamén marca o comezo da serranía do Darién. A zona estivo habitada polos indios kuna até finais do século XIX, cando foron expulsados ao arquipélago de San Blas, ao noroeste. Actualmente a zona está habitada por indios emberá, colombianos e panameños, e existen varias poboacións a ambos lados do cabo: La Miel na parte panameña e Sapzurro, Capurganá e Playona (no lado colombiano).

As principais actividades económicas son a pesca, o turismo e a gandaría en pequena escala.