Cabezalla
A cabezalla, cabezallo ou botoalla, tamén chamado cazualla no galego falado en Asturias, é unha peza do carro do país.
Características e usos
editarÉ a lanza do carro, formada por unha vara ou viga larga como reforzo centrado, que encaixa noutras vigas curvadas unidas pola punta que dan forma ó contorno da caixa, nas que se chantan os fueiros. Para cerrar a estrutura, na parte traseira e no medio da superficie da caixa leva traveseiros, e sobre eles cravábase a trabazón.